Madrid, 21 de maio de 2021. A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron esta mañá na feira internacional de Turismo de Madrid (Fitur) a Travesía Náutica Xacobea Sail the Way, que promocionará o Camiño de Santiago por mar entre os días 11 e 19 do vindeiro mes de xuño.
A Xunta de Galicia colabora coas asociacións de náutica de Galicia -Northmarinas, Asnauga e Marinas de Galicia- nesta iniciativa que consta dun percorrido de navegación de sete etapas entre Ribadeo e o río Ulla. O evento recalará na metade dos peiraos deportivos da comunidade dando a coñecer aos participantes e a medios de comunicación de cinco países europeos os seus servizos e potencialidades.
Susana Lenguas animou durante a súa intervención a participar nesta iniciativa a todos os navegantes nacionais e internacionais que queira gozar dunha opción de ocio seguro sen masificacións. Neste sentido, salientou que Galicia é un destino seguro tamén por mar e que a rede autonómica de portos deportivos e instalacións náuticas adquire neste momento un valor estratéxico tanto para a promoción turística de Galicia como para a conmemoración do fito xacobeo.
Susana Lenguas lembrou ademais que esta travesía se pode realizar sen necesidade de inscrición, reservando simplemente a praza de tránsito no porto no que se faga escala. Nesta edición está previsto que participen os barcos das entidades organizadoras, que estarán liderados por unha embarcación patroneada pola campioa olímpica Ángela Pumariega e que reivindicará a figura da muller na náutica.
A eles súmanse un barco de vela adaptado coordinado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) e un barco oficial da Xunta de Galicia no que viaxarán xornalistas especializados en turismo de medios nacionais e europeos para promocionar a costa e as instalacións portuarias galegas e impulsar a incorporación de novos perfís de navegantes á actividade marítima.
Finalmente, a presidenta de Portos subliñou a importancia das sinerxías establecidas para a organización desta iniciativa entre as asociacións sectoriais galegas, a Asociación Nacional de Empresas Náuticas, a Xunta de Galicia e Turespaña.
Pola súa parte, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo en valor durante a súa intervención o carácter tan especial desta edición de Sail The Way, non só pola posibilidade de gañar a Compostela se non porque se pon o acento na promoción “dunha navegación de recreo segura, accesible e aberta a máis colectivos e perfís diferentes, con especial fincapé na presencia da muller no mar”. Neste sentido destacou a participación da regatista olímpica Ángela Pumariega, que recentemente participou tamén no ciclo Xacobeo Peregrinas para poñer en valor a participación feminina na navegación de recreo e de competición.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



