Compostela, 24 de maio, 2021. A Lei de Terras Agrarias, recén publicada, recolle na súa novena disposición transitoria as emendas do Partido Popular que articulan a “moratoria do eucalipto” anunciada polo goberno galego, hai escasos meses, cando se promulgou o novo Plan Forestal Galego. Ecoloxistas en Acción denuncia que esta disposición transitoria, lonxe de ser unha moratoria, en realidade é unha regulación de todas as plantacións ilegais de eucalipto cometidas ate agora polas empresas madereiras.
Sinalan que a lei en vez de prohibir máis plantacións permite “repoboacións de eucalipto previstas en instrumentos de ordenación ou xestión forestal que fosen aprobados pola Administración forestal antes da entrada en vigor desta disposición, ou nos citados instrumentos cando a súa solicitude de aprobación se atopase en tramitación con anterioridade á entrada en vigor desta disposición”. Deste xeito a meirande parte dos polígonos forestais poden seguir plantando eucalipto sen ninguna limitación definida por lei.
Ademais, alertan desde a organización ecoloxista, cando o eucalipto sexa a especie dominante, ben como masa pura ou mixta, segundo esta lei permítese replantar en igual número os especímenes que sexan tallados por cortas ou reforestar con eucalipto os montes que quedaran rasos por mor de incendios, vendavais, pragas, enfermidades ou outros motivos.
Sinalan que a disposición transitoria incluida na lei polo Partido Popular legaliza as futuras plantacións de eucaliptos, xa que o anuncio anticipado das moratorias tivo un efecto avalancha para a plantación de eucalipto e as empresas madereiras asegurarse de que os seus polígonos agroforestais teñen a esta especie invasora como masa forestal dominante. Indican que, ademais destes meses de plantacións masivas de eucalipto, a lei concede 30 días para a execución de novas plantacións exentas da regulación aprobada.
Ecoloxistas en Acción denuncia que esta lei está lonxe de ser un punto de inflexión ante o desastre ambiental e socioeconómico da plaga do eucalipto en Galicia. Polo contrario, vén a legalizar as desfeitas pasadas da industria madereira e da cobertura a futuras sementeiras ou plantacións de eucalipto nos polígonos agroforestais.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



