Unha vez máis, escóitanse ecos de lealdade. Sexa para enfrontarse a un problema de estado ou para manter a cohesión interna nun partido, entre outras moitas posibilidades. Na boca duns, para reclamala, e doutros, para vendela (din ‘ofrecela’), e entre ambos casos, tamén unha ampla gama de variedades.
A cousa é que ó escoitar falar de lealdades hai tempo que tendo a sorrir de xeito irónico. A lealdade é vista como algo bo, soa ben, sen meterse na súa definición, nin no obxecto da lealdade, nin na forma de levala a cabo ou difundila. E coido que son tres pés fundamentais. Vexamos se non.
A lealdade é definida domo a ‘calidade de leal’, sexa como sinónimo de fidelidade ou ben como honestidade e honradez. Non sei se por sorte ou desgraza, cando sae nas novas soe ser co significado do primeiro sinónimo. Honestidade e honradez son pouco consideradas, polo que se deixan aparte. E así, nese sentido, ‘leal’, defínese como ‘que mantén unha firme actitude de apoio a outra persoa, a un ideal etc., e que non os traizoa nin abandona’. Ata aquí as definicións no dicionario da RAG. O caso é que cando alguén ofrece ou reclama lealdade está referíndose en xeral a iso, a manter ‘unha firme actitude de apoio a outra persoa’ ou grupo de persoas (por exemplo, o goberno), pero dende outra postura ideolóxica (é dicir, dende outras ideas non compartidas con quen ofrece/reclama. É dicir, por outra banda está traizoado (sendo desleal) ou pedindo traizón cun ideal. Iso, en canto á propia definición, sinxelamente aplicando a definición de lealdade.
En canto ó obxecto da lealdade, coido que habería que ser conscientes dunha clasificación de categorías. Non é o mesmo ser leal a un goberno que selo a un pobo ou á humanidade, podendo tamén entrar en contradición ambas lealdades. E coido que está claro cal tería a preeminencia. Mais nestes tempos, reclámase ou ofértase lealdade ó mando, a quen manda, en plan amiguetes. E claro, isto ven moi a conto de cmo se pide ou se da a lealdade.
Porque unha vez inconsciente sobre o que significa lealdade, e ninguneada a categoría do obxecto da lealdade, non importa moito o trato. Nin mesmo o feito de que a lealdade está -debera- fóra de tratos, non é -non debera ser- unha mercadoría que se oferta ou se reclama a cambio de contrapartidas noutros campos. Non é ese un caso de ‘firme actitude de apoio’, senón de ‘firme actitude de ganancia’. Fai falta que poña exemplos? Coido que, nos tempos que corren, hai abondos exemplos como para non ser necesario plasmar aquí un en concreto.
E, máis aló deses tres pés, queda unha verba baleira e vapuleada. Amoral. Fóra dun sentido e dun contido. Unha deslealdade coa propia noción de lealidade, e non ó contrario, xa que estimo difícil ser leal coa deslealdade…
Mentres isto ocorra, revisa as túas lealdades.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



