Lugo, 25 de maio de 2021. A sesión plenaria celebrada esta mañá pola corporación provincial demostrou unha vez máis que o goberno presidido por José Tomé ten unha incapacidade insuperable para a xestión. Tamén quedou demostrado novamente que o bigoberno (PSOE-PP) ten moito máis interese en frear as iniciativas que presenta o PP, por boas que sexan para a provincia, que en conseguir mellores niveis de vida para os lucenses. Así o sinalou o portavoz provincial, Javier Castiñeira, á saída da sesión: “Unha vez máis, no pleno de hoxe demostrouse que Tomé e o seu equipo son incapaces de gobernar esta Deputación, e que teñen tanto medo do PP que rexeitan todas as propostas populares. O caso máis grave, moi grave, é o intento de pasar a xestión das residencias á Xunta, pese a que critican o modelo autonómico. É grave pola imaxe que están dando e pola incerteza que crean aos usuarios”.
Castiñeira lamenta a falta de cintura política que demostra o goberno provincial, que fai que sexa incapaz de apoiar iniciativas defendidas polo Partido Popular aínda que sexan de gran interese para os lucenses. O portavoz popular sinalou: “E moi grave, tanto dende o propio concepto de democracia como no que se refire a gobernar pensando no benestar dos lucenses, que todo o que propón o PP sexa votado en contra polo bigoberno. Tanto PSOE como BNG póñense de acordo para votar en contra das propostas do PP por moi positivas que sexan para a provincia de Lugo, especialmente no eido económico”. Explicou: “Neste caso, o PP presentou dúas mocións. Unha delas era para que a Deputación deseñase un plan de solo industrial para o rural, que sería moi positivo para a recuperación económica; votaron non e deixaron claro que non consideran que dispoñer de solo industrial sexa importante para a recuperación da economía na provincia”.
Castiñeira sinalou que “a outra proposta que defendeu hoxe o PP foi para evitar que o Goberno, presidido por Pedro Sánchez, suba os impostos a todos os lucenses; tamén neste caso, socialistas e nacionalistas votaron en contra”.
Para os populares, o colmo nesta sesión plenaria chegou cando o PP intentou, por vía de urxencia, defender unha moción para apoiar aos traballadores de Correos. Castiñeira explicou: “Foron os sindicatos os que nos solicitaron nunha reunión que lle déramos ese apoio; ao no incluír na orde do día o goberno provincial esta proposta como iniciativa propia, presentámola nós por vía de urxencia. Socialistas e nacionalistas votaron non a urxencia e a moción, solicitada polos traballadores de Correos, non foi debatida, e polo tanto non puido ser aprobada no pleno de hoxe. É un caso claro de que o bigoberno provincial pasa como unha apisoadora por riba de todo o que propón o PP por útil que poida ser para a provincia. É lamentable o seguidismo e submisión absoluta do BNG ao Partido Socialista no goberno da Deputación de Lugo”.




















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



