Ribadeo, 28 de maio de 2021. Está aberto ata o 15 de xuño o prazo para participar na creación dun mapa de produtores de alimentación sostible do Eo.
Os Concellos da bacía do río Eo: Ribadeo, Trabada, Barreiros, A Pontenova, San Tirso de Abres, Vegadeo, Castropol, Taramundi e Tapia de Casariego veñen de impulsar a Estratexia Alimentaria Participativa do Eo, “un proceso aberto a toda a cidadanía co que se busca de xeito colectivo determinar como mellorar a cadea alimentaria da bacía do río Eo”.
A través desa estratexia definiranse cales son as formas de produción e consumo máis sostibles para este territorio, así como han determinarse as accións que deben estar dirixidas a acadar unha renda digna para os produtores. “Trátase de prestar atención, por un lado, a quen, en que condicións, como e onde se producen, comercializan e distribúen os alimentos e, por outro lado, é importante tamén pensar en quen, onde e como se asume a corresponsabilidade de garantir esta alimentación”, explican desde Eo Alimenta.
Entre as accións que se están a desenvolver no marco desta estratexia, está a creación dun Mapa de Axentes Alimentarios Sostibles da zona do Eo: “este mapa permitirá coñecer quen son e onde están os produtores agroalimentarios, o que axudará a darlles unha maior visibilidade.
Para a creación deste Mapa colaborativo está aberto ata o 15 de xuño un formulario na web www.eoalimenta.org, onde tanto os produtores, como distribuidores de alimentos de cercanía poden rexistrar a súa información”.
E engaden: “unha vez se complete o Mapa visibilizarase a través da web de Eo Alimenta e farase unha tirada de máis de 1000 panfletos informativos que serán distribuÍdos nos restaurantes e bares da zona, co obxectivo de que o sector da hostalería teña máis información da localización dos produtores”.
Ademais este sábado, 29 de maio, ás 12:00 terá lugar na Casa da Cultura de Vegadeo (Asturias) a xornada sobre Xénero e Sistema Agroalimentario, na que se contará coa presenza de Isabel Vilalba, labrega e secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego e Isabel Feito, investigadora do programa forestal SERIDA.
info:
https://eoalimenta.ribadeo.org/


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



