Cervo, 4 de Xuño de 2021. O Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición do programa Cervo Concilia co obxectivo de favorecer a conciliación das familias nos meses de verán.
Así o anunciou hoxe a edil de Educación, Dolores García, Caramés, que fixo especial fincapé en que as actividades estarán adaptadas á situación sanitaria actual, fixando grupos reducidos, e cumprindo estritamente todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.
Caramés explicou que “somos conscientes das dificultades que se atopan moitas veces as familias para poder compatibilizar as súas obrigas laborais co coidado dos pequenos/as, sobre todo durante o período estival, coincidindo coas vacacións escolares, “por iso apostamos por recuperar o noso programa Cervo Concilia, que tradicionalmente ten unha gran acollida, e traballamos para buscar fórmulas que nos permitan ofrecer un calendario de actividades educativas e lúdicas seguras pensadas para as crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias”.
A edil precisou que nestes días estase a perfilar o calendario de actividades que se incluirán no programa pero xa avanzou “que se apostará polas xornadas ao aire libre, en contacto coa natureza, sempre que o tempo o permita, programando rutas polo municipio e actividades de carácter medioambiental, ademais de promover a actividades deportivas cunha importante aposta, nesta ocasión, polas disciplinas individuais a raíz do COVID-19, como pode ser o surf ou as rutas en kaiak”. Tamén se contemplan clase de inglés, ioga e mesmo un circuíto de seguridade viaria para que as crianzas vaian tomando conciencia da importancia de respectar as normas de tráfico adquirindo os hábitos adecuados, para que así participen do tránsito dun xeito activo e máis responsable.
O programa, de balde, e que está dirixido aos pequenos e ás pequenas de entre 3 e 12 anos, desenvolverase nos meses de xullo e agosto, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:30 horas.
As inscricións están dispoñibles na Casa da Cultura e no Concello de Cervo, e o prazo para anotarse está aberto ata o 25 de xuño.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



