Cervo, 5 de xuño, 2021. A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, deu a coñecer esta mañá, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, as fotografías gañadoras do XI concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2021”.
O xurado profesional decidiu, con 51 puntos, que a fotografía “Blessed” de Juan Barreiro, e natural Dos Blancos (Ourense) acadase o primeiro premio.
En segunda posición quedou a instantánea “Reflexos do Faro”, obra do xovense Emilio Pérez, que sumou 50 puntos, e que tamén se fixo co premio Top Cervo, á mellor instantánea tomada nalgún punto do noso municipio.
O premio componse de figuras de cerámica de Sargadelos.
En total participaron no certame 41 fotos, realizadas por 22 participantes, procedentes de ata 14 concellos diferentes de Galicia, e ademais tamén houbo representación madrileña e asturiana.
Os participantes podían presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, tiñan que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio.
Méndez agradeceulle a todos os participantes “que quixesen compartir con todos nós a súa particular visión do medio a través da súa óptica”.
A edil explicou que decidimos seguir adiante co concurso a pesar da pandemia aínda que tivemos que mudar un pouco as condicións para poder facelo compatible coa situación sanitaria que vivimos desde fai máis dun ano.
De feito, a X edición deste certame tan arraigado no noso Concello, xa foi excepcional, convocámola un pouco máis tarde do habitual e o xurado agora delibera de xeito telemático.
O obxectivo que perseguimos é poñer en valor o noso patrimonio natural e promover a concienciación medioambiental, “e penso que se están dando pasos importantes nesta liña”, apuntou.
A entrega de premios, cuxa data aínda está por determinar, queda suxeita ás medidas sanitarias establecidas.

























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



