Burela, a 5 de xuño de 2021.- O PP de Burela segue a defender os intereses da veciñanza ao presentar unha alegación contra a ordenanza municipal para o valado e peche de fincas, unha normativa que consideran “ben intencionada, pero pouco madurada e que o único que fai é gravar máis a economía da veciñanza de Burela ao tratar de tapar con ela as vergoñas do goberno do Sr. Llano no referente á ausencia da xestión da biomasa nos numerosos solares que están, como se di de forma coloquial, a bravo, no casco urbano da nosa vila”.
Dende o PP din que “presentaron esta alegación no Concello debido ás graves irregularidades detectadas no procedemento á hora de levar a cabo a tramitación da ordenanza destinada ao valado e peche de fincas”. E seguen, “a máis importante, a ausencia de consulta popular previa, tal e como ditamina a lexislación vixente, para recoller o sentir da veciñanza ao respecto”.
“Esta é a forma de gobernar que ten o Sr. Llano, sempre tomando decisións de costas aos veciños e veciñas da nosa vila, tal e como xa ten sucedido, por exemplo, no tocante ás bases que regulaban as fracasadas axudas ao tecido comercial local ou o traslado do mercado semanal ata o lugar de Torrentes”, puntualizan.
Os populares téñeno claro, “deste xeito o Sr. Llano e o seu equipo volven a vulnerar os dereitos, unha vez máis, da veciñanza”. “A nós non nos pilla por sorpresa, xa denunciamos en numerosas ocasións a súa total e absoluta falta de transparencia ao longo deste mandato”.
“Descoñecemos a quen culpará nesta ocasión o Sr. Llano por esta nova grave irregularidade detectada, e denunciada polo PP, no tocante á ordenanza para o valado e peche de fincas. O que si temos claro é que o procedemento polo que se levou a cabo a mesma, tal e como reflicte a lexislación vixente, é nulo de pleno dereito. Supoñemos que cando, neste último pleno, o Sr. Llano nos convidou a pasar polo Concello para ver como traballaban el, e o seu equipo, non estaría pensando en amosarnos estas neglixencias continuas que teñen á hora de proceder”, conclúen.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



