Lugo, 5 de xuño de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este sábado na apertura das XVI Xornadas Interxeneracionais Rurais. Aprendendo cos Nosos Maiores na Casa-Escola de Cabreiros, en Xermade. No acto, José Tomé puxo en valor o modelo provincial de atención ás persoas maiores, en centros públicos, de pequeno tamaño, integrados nos pobos e nas vilas, e que manteñen o arraigo.
O mandatario provincial estivo acompañado polo Alcalde de Xermade e tamén Deputado provincial de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, polo presidente da asociación veciñal de Cabreiros, Xosé Manuel Felpeto, e polo profesor da USC Xesús Rodríguez.
Na inauguración desta nova edición das xornadas presentouse o libro Cabreiros, 15 anos de dinamización comunitaria. Olladas e recursos interxeneracionais no rural, 300 páxinas nas que se recolle unha memoria das temáticas abordadas nestes anos: oficios do agro, historia, evolución das escolas no rural, os xogos ou o patrimonio cultural material e inmaterial.
“Despois de 15 anos de andadura, Xermade recupera unha cita de referencia no fomento da convivencia e no intercambio de experiencias entre os maiores e os máis novos”, recalcou José Tomé, “e faino con moito acerto, recollendo nunha publicación os principais temas abordados ó longo destes últimos anos, porque para retomar a actividade sempre é bo poñer en valor o que xa se leva feito”.
O Presidente destacou as Xornada Interxeracionais como unha mostra “de que o rural pode xerar iniciativas de interese académico, e do compromiso co territorio da Universidade pública galega, neste caso, da Universidade de Santiago”.
Para José Tomé, “a convivencia interxeracional é un elemento indispensable no deseño de políticas públicas centradas no benestar das persoas. Máis aínda nunha sociedade de forte carga rural como a nosa: a da provincia de Lugo e a do conxunto de Galicia. O contacto de novos e de maiores é unha canle privilexiada de transmisión de información. Máis aínda no rural. As persoas maiores son como unha biblioteca viva que recolle un enorme conxunto de saberes valiosos”.
A Deputación de Lugo, subliñou, comparte “esta forma de entender as políticas públicas e estes valores, e así o demostramos na nosa acción de Goberno, por exemplo, en iniciativas como a Rede Pública de Centros de Atención a Maiores, un modelo de pequenas residencias, integradas nos pobos e nas vilas, que manteñen o arraigo, que poñen no centro ás persoas, ós nosos maiores, o seu coidado, a súa dignidade, e tamén o seu saber e a súa experiencia”.
O mandatario provincial felicitou á Asociación de Veciños de Cabreiros, á Universidade de Santiago e ao Concello de Xermade por retomar estas xornadas e desexou que manteñan este ano a boa acollida de edicións anteriores.






















O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



