Ribadeo, 14 de xuño de 2021. A galería ribadense Terra Branca presenta un colección de bolsos de yute estampados cos Cocos, a Illa Pancha e outras obras contemporáneas de Mariángel Leal como protagonistas.
O propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, conta que “llega el verano y con él los bolsos de Terra Branca. Partiendo de la base de los coloristas cuadros de Mariángel Leal, en Terra Branca lanzamos una colección de bolsos de yute estampados de la que forman parte los Cocos y la Illa Pancha, de Ribadeo, y otras obras contemporáneas de la artista”.
José Ramón Leal explica que “arrancamos con siete modelos diferentes, pero no descartamos ampliar la colección porque nada más llegar a la Galería Terra Branca han empezado a tener éxito comercial, tanto en la tienda como a través da web www.galeriateriaterrabranca.com”.
Leal asegura que “la venta online nos ha ayudado en estos tiempos, pero sobre todo queremos agradecer a nuestros clientes el apoyo que nos han dado en todo momento” y anuncia que “seguiremos añadiendo propuestas comerciales incorporando nuevos artistas a nuestra Galería y disfrutando con ello”.
As obras da pintora Mariángel Leal pódense ver nas esferas dos reloxos de pulseira que a Galería presentou hai un tempo, e que seguen sendo un reclamo comercial, tamén nalgúns dos reloxos de parede que se poden adquirir na galería ou en coloristas e exquisitos panos de seda.
























Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
Ao longo desta semana, máis de 40 científicas, divulgadoras, xornalistas e activistas participan nunha campaña simultánea en todo o Estado para achegar á cidadanía as consecuencias que os recentes ataques a Irán poden ter na vida cotiá. No marco desta iniciativa, celebrarase en Ribadeo un acto informativo o venres 17, na Escola Municipal de Música, ás 19:00 horas. Toda a información sobre o No Normal Tour está dispoñible en:
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.



