Ribadeo, 18 de xuño de 2021. O Teatro de Ribadeo e o Círculo Habanero da Devsa acollerán esta fin de semana dous concertos audiovisuais.
Enmárcanse no proxecto Versión Fin, grazas ao que se recuperaron antigas cintas de celuloide que agora toman vida xunto á música. Cada espectáculo, baseado na improvisación, será único.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, anunciou que “Versión Fin, o concerto audiovisual de Iván Torres, chegará a catro lugares emblemáticos do concello este verán. Primeiro, ao Cine Teatro, a orixe de todo o traballo de investigación e creación, e despois ao Círculo Habanero da Devesa. Máis adiante ao peirao de Rinlo e a novidade represéntaa o Pazo de Cedofeita, un lugar privado que os donos poñen a disposición desta iniciativa cultural do Concello”.
A edil sinalou que “a reintepretación, mediante técnicas de degradación química e segundo os revelados das películas de celuloide esquecidas no antigo Cine de Ribadeo, dan como resultado unha nova e final narrativa. Versión Fin é un proxecto audiovisual do artista Iván Torres baseado na improvisación. Cada concerto é único e formula unha conversa entre os visuais e a música, interpretada por Rafa Fernández á guitarra, Álex Salgueiro aos teclados e sintetizadores e Álvaro Trillo á batería”.
Pilar Otero engadiu que “Iván Torres é director de cine documental e de ensaio. A súa práctica está baseada na experimentación con novas narrativas e medios como a arte sonora, a fotografía documental e a performance. A maioría da súa carreira desenvolveuse entre Finlandia e Alemaña onde formou parte de produtoras como Mouka e colectivos como Mustarinda. Desde 2018 vive e traballa en Galicia e imos ter a sorte de contar con el para todas estas proxeccións”.
O autor do proxecto Versión Fin, Iván Torres, explicou que “o concerto basease na manipulación do material do Cine de Ribadeo, do celuloide que quedou abandonado nese cine, o seu procesado químico máis o seu degradado químico e un novo revelado do material. Todo iso vaise montar en directo con música improvisada cos músicos Rafa Fernández, Álex Salgueiro e Álvaro Trillo que van improvisar a música reaccionado ás imaxes ao mesmo tempo que eu vou facer as imaxes e vou reaccionar á música que van tocar eles, entón vai ser como un diálogo. É ter que adiantarse un pouco ao que vai saír na pantalla pola miña parte e pola parte deles tamén adiantarse ao seguinte que eu vou proxectar. Cada concerto vai ser totalmente diferente, a dificultade está máis na improvisación”.
Iván Torres indicou que “este proxecto chámase Versión Fin porque son uns textos que se atopan facilmente nas colas do celuloide e que normalmente están escritos polos proxeccionistas. O celuloide sempre, cando ía pasando de proxeccionista en proxeccionista, tiña unhas marcas que eles ían deixando e que eran como mensaxes para o seguinte proxeccionista para ver se unha cola terminaba nun sitio, empezaba noutro, se tiña un erro ou marcas que non debían estar aí. Un título recorrente que se pode atopar no celuloide é Versión Fin, dúas palabras moi recorrentes nas colas de celuloide”.
As dúas proxeccións desta fin de semana terán lugar ás 21 horas, o sábado no Teatro e o domingo no Círculo Habanero da Devesa.
Na presentación desta mañá participaron a concelleira de Cultura, Pilar Otero, o autor do proxecto, Iván Torres, e Ernesto Cruzado, o presidente da Sociedade Filantrópico Dramática (propietaria do Teatro).
























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.


