Lugo, 23 de xuño de 2021. Cada día que pasa, a maioría das estradas que dependen da Deputación están máis deterioradas e resultan máis incómodas e perigosas para os seus usuarios. O grupo provincial popular vén facendo un seguimento moi detallado do estado das estradas e dando visibilidade ao malestar dos veciños máis directamente afectados. O portavoz popular, Javier Castiñeira, destaca que seguen “recibindo queixas dos veciños da provincia polo pésimo estado das estradas provinciais”. Engade: “Hoxe comprobamos a veracidade das queixas expostas nas redes sociais polo mal estado de estradas no concello de A Pastoriza, entre outras causas, polo grave deterioro da LU-P 0103, de Reigosa a Gontán; os veciños quéixanse polo deterioro desta vía que, comunica os concellos de A Pastoriza e Abadín, pasando por núcleos importantes”.
O portavoz popular explica: “Estivemos cos veciños, en concreto de Vián, que é un dos núcleos polos que pasa esta vía, que están cansos de sufrir as incomodidades e os danos nos vehículos por culpa das moitos e grandes fochancas que ten esta calzada. Incluso lamentan que a Deputación de Lugo improvise solucións para lavarse as mans en caso de posibles danos, poñendo sinais para avisar do mal estado da calzada. Isto incluso é rirse dos veciños”.
Os populares considera que “a solución pasa por renovar o firme, con urxencia, porque esta estrada leva moitos anos sen arranxar”. Engaden: “Non entendemos como o alcalde de A Pastoriza permite ter neste estado a estrada ao seu compañeiro de partido, o responsable de Vías e Obra da Deputación, o señor Tomé”.
Castiñeira fai unha suxestión ao socialista José Tomé: “Dicímoslle a Tomé que recorra as estradas, que baixe á rúa, que tome algún café no rural e que non vaia só cando fai obras; cando hai un problema hai que dar a cara, como está facendo o PP, que está recorrendo a provincia, co que está obrigando a Tomé a ir arranxando algunhas estradas, como en Sober, Pantón, Barreiros e outras. Non é suficiente, non son todas as que nós demandamos; o goberno vai por detrás do PP”.
Os populares piden “á Deputación que trate de arranxar canto antes esta estrada e así o solicitaremos nun rogo no próximo pleno”.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



