Foz, 5 de xullo de 2021. O goberno municipal de Foz ten demostrada unha sorprendente capacidade para chegar tarde e mal en case todo o que se refire á xestión dos asuntos municipais, por importantes que sexan. Un deses casos, sinala o portavoz popular, Javier Castiñeira, e a construción da nova depuradora de augas residuais. Sobre este asunto, unha vez máis, os populares, no pasado pleno ordinario da corporación municipal, tiveron que chamar a atención ao equipo de goberno na aprobación do anteproxecto da nova depuradora, porque este importante asunto non pasou previamente pola comisión de seguimento. O PP votou a favor, sendo coherente, da ubicación na Granda de Forxán, xunto con Foz Plataforma de Futuro.
Castiñeira sinala: “É moi chamativo que o alcalde levara este asunto ao pleno sen ter pasado pola comisión de seguimento da depuradora de Foz, porque é unha comisión que mesmo o propio Partido Socialista e o BNG pediron no seu día para tratar de informar tanto aos grupos como ás asociacións de veciños e aos afectados”. Engade: “Non entendemos moi ben por que no se pasou por esta comisión e sobre todo por que non se informou. É verdade que o equipo de goberno tennos acostumados á desorganización e a traer todo tarde mal e arrastro e as presas, pero neste caso consideramos que se debe á falta de valentía do señor alcalde para enfrontarse aos veciños da asociación San Gonzalo de Forxán, aos que enganou no seu momento, antes das eleccións; agora fai unha cousa diferente ao que lles prometeu”.
“O PP -di Castiñeira- segue na opción que defendeu sempre e é coherente coa elección da ubicación que fixo no seu día para a depuradora”. Segundo os populares, agora “dáse un paso fundamental; por iso votamos a favor dese anteproxecto, a pesar de que non pasou pola comisión informativa e de seguimento, pero si é certo que trae detrás a declaración de impacto ambiental, moi importante, e confirma que esa opción é a mellor”. Castiñeira lembra que “existe financiamento e compromiso por parte da Consellería de Infraestruturas”.
Castiñeira destaca que “neste caso o goberno local non se mantén unido, porque o BNG abstívose e deixou só ao PSOE”. A partir de agora, sinala Castiñeira, “o goberno local debe comprar os terreos e poñelos en mans da consellería, que xa confirmou que sacará a licitación o proxecto e a obra o antes posible”.























Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



