
Ribadeo, 6 de xullo de 2021. O Concello acometerá importantes actuacións na parroquia de Vilaselán, que terán unha incidencia positiva nas inmediacións do núcleo da Torre, segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor asegura que “estamos a traballar actualmente para crear ao final deste ano un carril-bici na estrada que vai ao faro desde o núcleo de Ribadeo. Esta importante actuación ten unha serie de melloras derivadas desta principal como é o aglomerado do viario que, iniciando desde a praia de Rochas Brancas continúa pola depuradora vella, pasa polo Carrancón e vai dar á estrada da Deputación LU-P5202”.
Suárez Barcia explica que “tamén neste 2021 temos previsto aglomerar o viario de acceso ao núcleo da Torre, concretamente desde as inmediacións da autovía ata o encontro co camiño do Carrancón”.
O alcalde engade que “estas dúas actuacións mellorarán significativamente os acceso desta parte da parroquia de Vilaselán, e por extensión á Torre”. E subliña “o compromiso de actuar o ano que ven no camiño da Torre, tal e como estabamos a planificar, aínda que sempre supeditado á necesidade de actuar no público ou no privado, se este é cedido. Calquera outra actuación non será posible desde o punto de vista legal nin desde o punto de vista da coherencia coas actuacións que levamos feito ao longo destes anos”.
Deste xeito se dirixe o alcalde, Fernando Suárez, ao representante dos veciños e veciñas da Torre ao que lle lembra os esforzos realizados nos últimos anos por parte do Concello de Ribadeo para poder arranxar o Camiño da Torre: “estes esforzos tornáronse infrutuosos pois a lexítima intención de cesión de superficies necesarias de espazo público para unha regularización do camiño acaba unha e outra vez sendo infrutuosa”.
O rexedor alude ás súas posibilidades que se barallan: “a primeira delas é a actuación da obra na parte pública existente, aínda que o viario non queda todo o regularizado na súa anchura que ao goberno municipal lle gustaría. E a outra opción é pospoñer a actuación ata que os propietarios das partes necesarias para dar un ancho uniforme accedan á cesión voluntaria e gratuíta”. Fernando Suárez lembra todas as xuntanzas mantidas nos últimos tempos cos veciños e veciñas da Torre: “recentemente a inicios deste 2021 e cando estabamos a planificar as actuacións en camiños para este ano en curso producíronse varias xuntanzas para ver como contactar novamente cos propietarios afectados para que cedesen as partes necesarias para lograr un ancho uniforme. Lamentablemente, os que de inicio aceptaron logo volvéronse atrás”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



