Barreiros, 10 de xullo de 2021. O goberno municipal de Barreiros vai camiño de converterse nun exemplo de escapismo fronte ás responsabilidades que teñen que asumir os que gobernan. A alcaldesa, Ana Ermida, ten dado claras mostras da súa propensión a eludir a busca de solucións para os problemas que teñen os seus veciños. Un deses problemas é a necesidade de dotar dunha nova depuradora de augas residuais a San Miguel. Á vista da súa pouca eficacia na xestión e de como trata de enmascarala con criticas a outra Administración, o PP de Barreiros, por boca do seu portavoz municipal, José Manuel Gómez Puente, insta a Ermida a deixar de enredar, asumir a responsabilidade de goberno que lle corresponde e poñerse a xestionar a solución para os problemas dos seus veciños.
Gómez Puente sinala que a Xunta, gobernada polo PP, fixo un claro ofrecemento de participación económica na financiación da nova depuradora. A Xunta ofrece cubrir una parte do orzamento (50%), sempre e cando a Deputación aporte á restante. O popular Gómez Puente destaca que a Xunta concreta a súa aportación amparada no convenio asinado no seu momento.
Gómez sinala que a realidade é que non se coñece que aportación ten previsto facer o Concello, e tampouco se sabe se Ermida buscou colaboración en outras administracións e cal foi a resposta. O portavoz popular pregunta á alcaldesa se sabe se a Deputación está disposta a aportar cartos para a nova depuradora de San Miguel. Igualmente, sinala que a alcaldesa apuntou que conseguiría fondos do Goberno central e pregúntalle cantos son e onde están.
O portavoz popular destaca: “Todos os que obtivemos representación nas institucións debemos axudar a solucionar os problemas da veciñanza; cando se goberna, hai que xestionar en interese dos administrados”.
Tamén manifestou Gómez: “A realidade é que a Xunta está disposta a poñer sobre a mesa unha cantidade moi concreta e dos outros nada se sabe. A falta de traballo leva a que un ano máis chegue o verán e o problema da depuración das augas residuais estea aínda sen resolver en Barreiros. Do que se trata, señora Ermida, é de traballar e resolver, e, polo que se ve, vostede non resolve”.


























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



