O Sergas realizará este venres en Ribadeo un cribado entre os mozos e mozas de entre 18 e 29 anos. O voceiro do Grupo Municipal Popular, Daniel Vega, convida á mocidade que sexa convocada a acudir a realizar as probas apelando á responsabilidade e co obxectivo de “protexer aos nosos seres queridos e aos nosos sectores económicos afectados como a hostelería ou o comercio”. Vega defende que “debemos ser todos sumamente responsables e cumprir as normas sanitarias” para contribuír na loita contra a pandemia.
Daniel Vega convida aos mozos e mozas de Ribadeo a acudir ao cribado
Daniel Vega convida aos mozos e mozas de Ribadeo a acudir ao cribado
Relacionado
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas
-
A Deputación apoiou ao Concello de Trabada para celebrar unha nova edición da Festa da Enfariñada
-
Acisa Ribadeo celebrou o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva