Lugo, 27 de xullo de 2021. A moción do BNG en demanda da institucionalización do 17 de agosto como Día da Galiza Martir foi aprobada polo Pleno provincial, que insta así a Xunta de Galiza a recoñecer a data, que coincide co cabodano do fusilamento de Alexandre Bóveda, como “celebración nacional en Galiza, en memoria e homenaxe de todas as galegas e galegos que deron a súa vida ou padeceron o exilio por defenderen as liberdades e dereitos democráticos e nacionais do pobo galego, plasmados dentro do marco constitucional daquela vixente”
A proposta presentada polos nacionalistas, e apoiada polo PSdG, saíu adiante malia a oposición do Partido Popular que no debate plenario “se puxo de perfil” evidenciando un “xiro” que, segundo remarcou o voceiro nacionalista Efrén Castro, “fai que estas propostas, que son unha reivindicación histórica do BNG, sexan hoxe máis necesarias ca nunca”.
“O Dia da Galiza Mártir pretende homenaxear as persoas asasinadas e represaliadas por defenderen os dereitos democráticos. As institucións temos a obriga de contar a historia como foi e repoñer as vítimas. Dino todos os tratados internacionais e fano outros estados, independendemente da súa ideoloxía”, argumentou o voceiro do BNG e deputado de Memoria Histórica no goberno provincial.
“Porque non queren homenaxear a xente que morreu por defender os valores democráticos. Explíqueno porque non o entendemos”, instou á bancada popular o deputado nacionalista que advertiu de que “os posicionamentos do PP fan que no Estado español se estean a discutir día a día valores democráticos firmes”.
Ademais de instar á Xunta ao recoñecemento oficial do Día da Galiza Mártir, a proposta compromete á Deputación de Lugo a “promover institucionalmente a celebración de actos protocolarios de rehabilitación pública e política para o primeiro “Día da Galiza Mártir” que se conmemore e de aí en diante”
A conmemoración do Día da Galiza Mártir foi instaurada en 1942 en Bos Aires, polos galegos no exilio, na honra de Alexandre Bóveda, fusilado na Caeira, en Poio, no 1936, tras un xuízo militar sumarísimo.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



