Viveiro, 13 de agosto, 2021. O Centro Comercial Histórico en Colaboración co Concello de Viveiro, organiza do 25 ó 27 de Agosto nas carpas situadas nos Xardíns Noriega Varela a VIII Feira de Stocks.
Serán un total de 14 stands adicados á venda de moda de home e muller, nenos, xuvenil, complementos, deportes, zapatos, xoiería, bisutería, mobles e decoración.
Os comercios participantes na feira son: Iglesias Muebles, Versus, Complementos Sulian, Piti Deportes, Fontana, Cocolatte, Albo Zapaterías, Oscar Joyeros, kerale Moda, Oxígeno Surf, Mimimó, Van Surf e Van Surf Sneakers.
Unha amplia variedade de sectores e artigos que serán postos á venda a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán mercar verdadeiras gangas, unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.
Este ano debido á situación COVID, establecerase un protocolo de seguridade creando un recorrido unidireccional, cunha única entrada claramente señalizada, uso obrigatorio de xel hidroalcohólico á entrada, mascarilla durante todo o tempo que se permaneza na Feira, e control de aforo nos postos.
O éxito das pasadas edicións, e grazas á colaboración do Concello de Viveiro, fan posible que un ano máis se poda levar a cabo esta Feira de Stocks.
O horario da Feira será de 11 a 14 horas e de 18 a 21:30 h durante os tres dias.
Por outra banda, o domingo 15 de agosto o comercio asociado ó Centro Comercial Histórico de Viveiro abrirá as súas portas pola mañá en horario especial de festivos, de 11 a 14 horas. Debido a que son dous dias consecutivos festivos, os negocios abrirán o domingo pola mañá para que tanto visitantes como clientes habituais poidan facer as súas compras no comercio de Viveiro. Animamos a vivir o ambiente e as actividades programadas, pasear polas rúas de Viveiro e desfrutar da gastronomía dos locais de hostalaría da vila pero con precaución e máxima responsabilidade.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



