A Mariña, 18 de agosto, 2021. Na próxima fin de semana terá lugar unha pequena xira de presentación dos dous libros premiados no Certame de poesía erótica Illas Sisargas 2020: O cuarto de Jane, de Charo Pita e rascamasseiras, de Laura R. Cuba.
O primeiro destes actos terá lugar o venres 20 ás 20h no marco da Feira do libro de Foz. O segundo, o sábado 21 ás 12:30 no Lugar das Marías, en Xove.
As autoras
Charo Pita, escritora, actriz e narradora oral naceu na Coruña en 1966. O seu traballo levouna a contar historias polo mundo (Alemaña, Polonia, Italia ou Nicaragua). Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidad de Salamanca, obtivo en 2001 o Premio de Poesía Espiral Maior co libro Desde Arcadia para Govinda e é autora dunha extensa obra de literatura infantil e teatro.
Laura R.Cuba naceu en Burela en 1993. É graduada en xornalismo e comunicación audiovisual e ten colaborado en diversos medios do país. Foi coordinadora do Portal Galego da Lingua e voluntaria no Observatorio da Mariña pola Igualdade. Foi bolseira de comunicación no Parlamento de Galicia e, a partir de setembro, iniciará unha nova andaina profesional como docente no ensino secundario ao conseguir superar a oposición celebrada no pasado mes de xullo. En 2018 obtivo o certame de poesía Victoriano Taibo co libro a situación actual.
Os libros
Segundo consta na acta do xuri do certame, O cuarto de Jane, é un libro “transgresor”, que “destaca pola súa beleza e pola frescura coa que se aborda o erotismo, sempre de forma directa, sen complexos, libre”. Trátase dun “poemario moi ben construído, radicalmente heterodoxo, protagonizado por mulleres e onde a poesía brilla na transparencia de cada verso”. Pola súa banda, a obra rascamasseiras é, sempre segundo a acta do xuri, “un relato profundamente lírico e á vez cotián cargado de fino erotismo e sostido nunha linguaxe poética na que destacan o coidado do vocabulario, o ritmo dos versos e a tensión das pausas”.
O Certame
O certame de poesía erótica Illas Sisargas convócao anualmente a Asociación Caldeirón, de Malpica, co apoio do Concello de Malpica. Foi creado polos poetas Paco Souto e Paco de Tano e a de 2020 foi a súa décimo-quinta edición. Nestes anos, ten o orgullo de contar entre os autores e autoras gañadoras con algúns nomes de grande relevancia na literatura galega actual como poden ser o de Mario Regueira, Medos Romero, Elvira Ribeiro, Antonio García Teijeiro, Andrea Nunes Brións, Eli Ríos, Lino Braxe, Eduardo Estévez ou Xavier Queipo.
Os libros están editados por Editorial Caldeirón.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



