Lugo, 23 de agosto de 2021. O goberno provincial acaba de demostrar unha vez máis, segundo o viceportavoz popular, José Antonio García, que o seu concepto da acción de goberno emparenta directamente coa arbitrariedade, o caciquismo e o sectarismo. A prensa recolleu esta fin de semana unha información na que o goberno presidido polo socialista José Tomé informaba de que La Diputación no descarta invertir en polígonos si se necesita. É dicir, despois de que o organismo provincial se negara sistematicamente a manter en vigor, como solicitou reiteradamente o PP, os compromisos adquiridos pola agora extinta sociedade Suplusa para a creación de solo industrial en 30 concellos, o goberno vén dicir que creará parques empresariais só se lle dá a gana e lle convén. José Antonio García considera que Tomé e o seu equipo pasarán á historia como o goberno provincial que permitiu que nos pequenos concellos da provincia desapareceran empresas por falta de solo para ampliar as súas instalacións ou para desenvolver iniciativas empresariais, xusto cando máis necesario é facilitar a aparición de novos proxectos e a creación de emprego.
García destaca que Suplusa tiña acordos con 30 concellos da provincia para crear solo industrial. Cando se tramitou a extinción de Suplusa, segundo lembra o viceportavoz popular, o goberno dicía que se manterían os compromisos adquiridos. Pero chegou a extinción de Suplusa, non houbo asunción dos convenios establecidos “e agora, nunha fin de semana de agosto, dísenos, nun delirante exercicio de propaganda, que a Deputación creará solo industrial segundo o seu criterio”. García engade: “Sabemos con seguridade que hai pequenos concellos nos que se están perdendo oportunidades, porque hai empresas que queren ampliar as súas instalacións e precisan solo industrial. E tamén hai autónomos que queren montar os seus negocios. Mentres, a Deputación, elude cumprir os compromisos adquiridos e abre a porta a crear parques empresariais seguindo criterios arbitrarios e sectarios”.
Os populares destacan que Suplusa tiña uns considerables activos que pasaron a ser directamente da Deputación e, entre os seus principais obxectivos, estaba a creación de solo industrial. Que pasa con eses activos?, se pregunta García. O mesmo representante popular di: “Está claro que ao goberno presidido por Tomé todo se lle volve propaganda. Falan da necesidade de asentar poboación, de loitar contra o despoboamento, algo no que concordamos todos os partidos. Pero, á hora da verdade, o goberno provincial actúa xustamente no sentido contrario”.
García destaca que as cantidades investidas na creación de solo industrial son recuperadas pola Deputación coa venda das parcelas. Por iso non entende a resistencia a cumprir coa súa obriga en concellos que teñen todo preparado para que a Deputación dea os pasos necesarios para crear o correspondente polígono, como é o caso de Riotorto, por citar só un exemplo. O viceportavoz popular sinala: “A creación destas infraestruturas non poden quedar totalmente á decisión que en cada momento resulte máis favorable para o goberno provincial; precísase unha planificación e iso era o que supoñían os convenios que Suplusa tiña establecidos con trinta concellos da provincia”

















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



