Santiago de Compostela, 23 de agosto, 2021. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón denunciou a situación límite a que está conducindo o goberno do PP á sanidade pública e propuxo un “Plan de choque” que permita un investimento urxente de 200 M€ adicionais para a Atención Primaria e contratar máis persoal e medios, neste servizo.
Para a nacionalista, os continuos recortes do Partido popular están levando ao persoal da sanidade á “extenuación” deteriorando a saúde das persoas e impedindo unha atención axeitada á pandemia. Neste sentido, recriminou a Feixóo “non ter aprendido nada” da pandemia e continuar “cunha política nefasta” baseada na precariedade e expulsando aos profesionais fóra de Galiza.
Pontón cualificou de “indecente” a política do PP que mesmo, dixo, roza “na prevaricación” por non mover un dedo para reforzar a Atención Primaria. Necesitamos “solucións e menos escusas de mal pagador”, enfatizou a portavoz nacionalista.
Para Pontón resulta especialmente alarmante que o deterioro do sistema sanitario se agudice no medio dunha pandemia. Porque se algo nos ensinou a COVID, explicou, é que “a sanidade pública é un piar básico para garantir a vida das persoas e o benestar da sociedade”. Mentres tanto, o goberno do PP de Feixóo, lonxe de aprender das ensinanzas da COVID, continúa coa súa “política de acoso e derribo” contra a sanidade pública e as súas profesionais. Unha situación que cada día que pasa vai a peor, e que está provocando protestas por toda a xeografía galega desde o Baixo Miño a Coruña, ou desde Ribadeo a Vigo, recalcou.
É gravísimo o que pasa na Atención Primaria pero non podemos perder de vista que cada vez hai máis lista de espera para acudir a un especialista ou operarse, e isto ten consecuencias negativas sobre a vidas persoas. En moitas áreas sanitarias, unha paciente que se atope mal e queira ver a súa médica de atención primaria ten que agardar até 15 días, e hai centros onde esa espera é moito máis alta. Faltan medios e persoal, até o extremo de que a día de hoxe a maioría dos centros de saúde contan con menos do 50% do persoal médico. De feito no último ano, as propias listas oficiais, que “sabemos que ocultan a miles de pacientes”, non deixan de medrar. Oficialmente, “hai 40.316 persoas agardando por unha operación, 3.740 persoas máis, un incremento do 10,23%”.
No caso das especialidades, engadiu Pontón, son 150.068 persoas esperando cita, 39.701 máis que fai un ano, o que significa que a lista para acudir a un especialista medrou nun ano un 36%.
O problema, indicou “non é falta de persoal”, o problema é que a política da Xunta expulsa o persoal sanitario. “Só no último ano, o 60% dos médicos e médicas de familia que acabaron o MIR non quedaron en primaria pola precariedade que impón a Xunta.
Dende o BNG reclamamos ao goberno galego medidas e non escusas para reforzar a sanidade pública e propoñemos catro medidas concretas que só precisan de vontade política : Un Plan de choque que permita un investimento urxente de 200 M€ adicionais para a atención primaria, que permita contratar máis persoal e dotar de máis medios a atención primaria. Máis persoal contratado e protocolos para garantir as labores de rastrexo do virus que a día de hoxe está sendo un desastre, cando tiña que ser unha prioridade ao lado da campaña de vacinación. Incluír novas categorías en primaria como psicoloxía clínica, logopedas, traballadoras sociais e reforzar dotación de profesionais e a súa carteira de servizos en enfermería, matronas ou fisioterapias e incrementar nos próximos orzamentos a contía destinada Atención Primaria co obxectivo de subir até o 25%, do orzamento total do SERGAS, conforme o que reclaman todos os organismos internacionais.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



