NOTA DE PRENSA
O deputado Jose Manuel Balseiro Orol será o encargado de posicionar ao Grupo Parlamentario Popular no pleno que se celebra mañá
O PPdeG DEFENDE NO PARLAMENTO A COLABORACIÓN E COORDINACIÓN DE XUNTA, DEPUTACIÓNS E GOBERNO CENTRAL PARA A VALORACIÓN DOS DANOS DO TEMPORAL E PARA O COFINANCIAMENTO DAS AXUDAS QUE SE ESTABLEZAN
* Non ten sentido que as distintas administracións establezan axudas independentes e descordinadas entre si, que obriguen a concellos, particulares e empresas a “peregrinar de ventanilla en ventanilla” para solicitar as súas compensacións.
Santiago, 22 de xuño de 2010.- O Pleno do Parlamento de Galicia que se celebra no día de hoxe debaterá na sesión de mañá mércores unha emenda do Grupo Popular pola que se reclama a coordinación e colaboración entre a Xunta, as Deputacións provinciais de Lugo e da Coruña e o Goberno central para a valoración dos danos e no financiamento das axudas que se establezan para compensar os estragos causados polo temporal de fortes chuvias acontecido os días 9, 10 e 11 de xuño.
O encargado de posicionar ao Grupo Parlamentario Popular será o deputado Jose Manuel Balseiro Orol quen defenderá que non ten ningún sentido que as distintas administración establezan axudas independentes e descordinadas entre si, e que obriguen a concellos, particulares e empresas a “peregrinar de ventanilla en ventanilla” para solicitar as súas compensacións. Balseiro considera que ante un acontecemento desta magnitude as administracións están obrigadas a dar unha reposta conxunta que garanta a mellor eficacia das axudas e insiste en que os cidadáns non entenderían unha loita partidista, cando se está tratar de algo tan serio como é a fórmula de compensar todo tipo de danos en vivendas, colleitas, gando, infraestruturas,… e distintos bens afectados polos asolagamentos.
O Grupo Popular tamén reclama á Xunta de Galicia que axilice a publicación das distintas ordes que as Consellerías estableceran despois de que o Consello de Goberno do pasado 17 de xuño –sete días despois- aprobase o decreto marco de medidas urxentes para compensar os danos do temporal.

















No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.



