Ribadeo, 16 de setembro de 2021. Trinta gatas e gatos da rúa foron esterilizados polo Concello de Ribadeo, que contou coa colaboración dun grupo de voluntariado e de dúas clínicas veterinarias da vila. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, subliñou que no vindeiro orzamento municipal se habilitará unha partida para seguir con esta labor.
O edil declarou: “desde a Área de Medio Ambiente queremos facer balance da primeira campaña de esterilización de gatos que viven nas rúas do noso pobo. Investimos 2.000 euros do presuposto municipal e esterilizáronse 30 gatos e gatas”.
Para Díaz Freije “non se chegaría a conseguir isto se non fora por un grupo de voluntarios que se creou: traballaron moi ben porque están moi implicados e coordinados para facer esta labor. Tamén é de agradecer a colaboración das clínicas veterinarias Anima Mundi e Occidente”.
O concelleiro de Medio Ambiente contou que “actuouse en moitos puntos do concello, concretamente en sete zonas, e seguiremos traballando nese sentido e abriremos algún punto máis. Incluso temos pensado poñer ao cargo desas zonas a alguén que lles dea de comer aos gatos e gatas nesas localización, e así evitar problemas coa Policía Local e cos veciños”.
Jorge Díaz anunciou que “agora vamos solicitar unha subvención que concede a Xunta para estas campañas de esterilización e esperamos que aporte algo. E no vindeiro orzamento municipal seguiremos con este compromiso e queremos, aparte da partida para esterilización, incluír outra para comida, co fin de que os voluntarios non teña que aportala, aínda que nunca tiveron problema en mercar a comida para estes animais que viven na rúa”.
Denuncia
O edil ribadense contou que “estes días estamos moi afectados porque están a aparecer nunha zona do concello, nos arredores da rúa Deputación, gatos mortos por posible envelenamento. Estamos totalmente en contra deste tipo de comportamentos e farémoslles fronte coas autoridades competentes para intentar dar cos autores destes actos que repudiamos”. O voluntariado que colabora coa campaña de esterilización en Ribadeo xa informou do acontecido no cuartel da Garda Civil.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



