Lugo, 16 de setembro de 2021. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro Afeccionado, co que levará máis de cincuenta actuacións polos concellos .
Dezanove compañías –catro máis que na última edición- ofrecen as súas representacións no marco deste programa, co que a Vicepresidencia da Deputación mantén o apoio ás artes escénicas que se iniciou co programa Buxiganga e que se lanza baixo esta nova fórmula adaptada á sitaución de pandemia.
Trátasde de Asociación Cultural Abrente (As Nogais), Axóuxeres (Vilaronte, Foz), Hipócrita Teatro (Lugo), Grupo de Teatro do Hospital – HULA (Lugo), Os Palimoquiños (Lugo), Nova Escena Teatro (Lugo), Curuxan Teatro Impro (Lugo) Lume Escénico (A Pontenova), O Centiño (Foz), O Torques (Burela), Os Trocos (Castro de Rei), Pico do Castro (Foz), Alentía Teatro (Palas de Rei), A Mariña (Cervo), Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla, Metátese Teatro (Palas de Rei), Os Pinchacarneiros (Lugo), Argalleiras (Chantada) e Teatreiras (Monforte).
A área de Cultura xestiona o calendario, atendendo á dispoñibilidade das compañías e as preferencias dos concellos e asociacións interesadas nesta oferta cultural, e financia íntegramente as actuacións.
A responsábel de Cultura Maite Ferreiro, que se reuniu esta mañá no Pazo de San Marcos con representantes das compañías lucenses que se adheriron ao programa, explicou que “a inicitiva tende a man a que concellos e asociacións podan programar de balde, colaborando coa cesión dos seus espazos, e por outra banda, dando o apoio que os grupos de teatro afeccionado precisan das administracións públicas, especialmente despois dun ano complicado para o mundo da cultura e especialmente para as artes escénicas”.
Neste sentido, destacou que “a esta nova edición se suman catro grupos máis que o ano pasado, o que nos fai ser optimistas de cara a recuperar toda a actividade previa á pandemia” e recoñeceu “o traballo e o amor polo teatro que hai detrás das compañías de teatro amadoras, que canalizan a creatividade e as inquedanzas artísticas e culturais de moitas persoas formando actores e actrices que logo dan o salto ao teatro profesional”.
Por último, a vicepresidenta subliñou a posibilidade que o Circuíto de Teatro Afeccionado ofrece para ampliar a oferta cultural e de lecer nos distintos concellos, animando a entidades locais e asociacións a concertar actuacións para os vindeiros meses.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



