Santiago de Compostela, 27 de setembro , 2021. A portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez, xunto á deputada no Parlamento galego, Carmela González e a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, mantiveron un encontro con representantes da Asociación de Armadores do Cerco de Galiza, (ACERGA) para abordar entre outros asuntos: a diminución das cotas de sardiña e xurelo, as supresións das exencións nos combustibles para o sector pesqueiro e as consecuencias da implantación da eólica mariña.
A deputada, Rosana Pérez remarcou que a postura do BNG é “declarar non apta a costa galega para a instalacións de parques eólicos mariños” ante as características de singularidade da frota galega. Neste sentido, lembrou que o PP e PSOE abriron “a porta á eólica mariña” a pesar de que o propio Parlamento europeo xa se pronunciou sobre a consecuencias negativas que ten para a pesca a instalación de aeroxeradores no mar.
Por outra parte, insistiu en que unha das grandes preocupacións do sector que “vive basicamente das especies da sardiña e o xurelo” e que se ven obrigados a asumir unha cota menor, a pesar do número de embarcacións, potencia da súa actividade pesqueira e coa ameaza de baixas cotas do xurelo para este ano na zona 8C.
Rosana Pérez anunciou que o BNG presentará novas iniciativas no Parlamento galego ante as diferentes problemáticas transmitidas polos representantes de ACERGA.
Pola súa parte, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda criticou un sistema de cotas que non resulta “equitativo para a frota galega” e concretamente para a frota do cerco. Dende o BNG, dixo, imos dirixirnos á Comisión europea e á Dirección Xeral de Pesca, para trasladar as demandas dos responsables de ACERGA. O Parlamento europeo, explicou Miranda, ten “a obriga de velar polo reparto equitativo de cotas entre os estados membros pero tamén dentro dos propios estados” e denunciou o trato “de favor no Estado español para unhas frotas en detrimento doutras”.
Miranda reiterou que o BNG en Europa continuará reclamando “un sistema equitativo de cotas para que Galiza non continúe sendo a grande prexudicada neste reparto”.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



