Santiago de Compostela, 28 de setembro 2021. O BNG propuxo no pleno do Parlamento galego unha batería de propostas para garantir o retorno económico dos beneficios xerados pola produción enerxética en Galiza dado o papel xerador que ten o País. Así, a portavoz nacionalista de Enerxía, Noa Presas, defendeu a constitución dunha empresa pública galega de enerxía, o impulso de fórmulas de democratización da enerxía (singularmente comunidades enerxéticas, parques enerxéticos comunitarios e o autoconsumo enerxético), a reformulación do canon eólico (en canto non sexa substituído por novas fórmulas de participación pública) e o impulso de Plans de Desenvolvemento Industrial asociados ás novas instalacións eólicas e enerxéticas, de xeito que as autorizacións de novos parques eólicos se vinculen a proxectos industriais que xeren riqueza e emprego no País e favorezan que unha parte dos compoñentes sexan fabricados en Galiza.
“Levan vostedes 12 anos gobernando, modificando nove veces a súa propia lei do sector eólico, aprobaron tres leis que presuntamente ían combater a deslocalización neste País e soamente no que levamos de 2021 marcha Siemens Gamesa para Portugal e pecha Vestas abrindo centros de produción e investigación e Portugal e a culpa é do BNG que trae propostas. Igual teñen que revisar un pouco o seu”, recriminou Presas ao grupo parlamentar do PP, logo de que este anunciase o seu rexeitamento á iniciativa nacionalista.
A deputada nacionalista afeou a posición de PP e PSdeG no debate enerxético ao lembrar que no anterior pleno parlamentar uniran os seus votos contra a tarifa eléctrica galega proposta polo BNG e neste “unidos para evitar falar da proposta clave desta iniciativa”. “Podemos vincular os proxectos eólicos que se van instalar en Galiza a plans industriais e a que unha parte das compoñentes sexan de fabricación galega, Si ou non?”, cuestionou para a continuación censurar que o PP anunciase o seu veto a iniciativa no seu conxunto e o Partido Socialista suprimise xusto este punto na súa emenda a una moción que será votada na sesión parlamentaria de mañá mércores coas distintas posicións xa aclaradas.
Durante a súa intervención, Presas recordou que o PP eliminou os instrumentos incorporados polo decreto eólico do goberno bipartito para facilitar que os seus beneficios revertan a todas e todos os galegos e criticou que o seu modelo “non contribúe ao retorno económico”. “Como é posíbel que no 2020 Galiza, segundo datos de REE e malia o impacto da práctica paralización das centrais térmicas de Meirama e As Pontes, exportase un 29,2% de enerxía eléctrica sen ningunha compensación?”, cuestionou con severidade, para a continuación concluír que “exportamos ouro nun contexto de récord histórico do prezo e no lugar de beneficiarnos, pechan empresas”.
De igual xeito reprobou a perda de máis de 300 empregos en pleno boom eólico e cun “desmantelamento absoluto”, en referencia ao peche de empresas como Siemens Gamesa ou Vestas. “Como é posíbel que Galiza sexa a segunda detrás de Castela e León que máis enerxía renovable xerou en 2020 batendo un récord histórico e no 2021 peche Siemens Gamesa e poida pechar Vestas”, incidiu.
Neste sentido, a portavoz nacionalista de Enerxía criticou con severidade o modelo éolico do PP, “ao servizo do lucro privado”, por paralizar o sector durante anos precipitando peches en todo o sector renovable e por mudar o modelo de participación pública por un modelo de “canon eólico inservible”, non só pola súa formulación, que xa acabou repercutindo na factura, senón porque non o modifican “para non molestar ás eléctricas”. Así, recordou que, ademais de por fin á obrigatoriedade de vincular as instalacións eólicas a plans industriais, na actualidade, os propietarios e propietarias reciben de media menos do 3% do total da facturación dos parques e os concellos arredor do 5% e que este modelo impulsa tamén un boom eólico desordenado e desvinculado do tecido innovador.
“A conclusión é que malia non ter xerado nunca tanta enerxía eólica e experimentar un boom coma este, destrúese emprego e deslocalízase emprego e isto é indecente nun país especializado na produción e hai que darlle a volta”, concluíu.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



