Ademais, quedaron aprobados tres convenios de colaboración cos concellos de Lourenzá, Burela e Ourol, por un importe conxunto de 800.000€ para a renovación de instalacións municipais culturais e deportivas e a promoción turística
Lugo, 29 de maio de 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres novos investimentos por un importe de preto de 1M€ para mellorar un total de once estradas provinciais que discorren polas comarcas da Mariña, Lugo e Ribeira Sacra. “Esta inversión permitirá seguir avanzando na mellora da rede viaria provincial en concellos como Ribadeo, Foz, Ourol, Ribas de Sil e Friol”, así o avanzou a Voceira Socialista do Goberno, Pilar García Porto, trala reunión semanal.
Concretamente, aprobouse a licitación de dous novos proxectos cun investimento de 500.000€ para mellorar oito vías provinciais ao seu paso polos concellos de Ribadeo e Foz. Pilar García Porto detallou que “imos mellorar a LU-P-5204, que vai de Cedofeita a Regocorto por Arante, en Ribadeo, cun orzamento de 216.000€ e actuarase nun treito de algo máis de 3 quilómetros dende o quilómetro 3,600 ao 6,770, cun prazo de execución de 4 meses”. As obras consistirán na reapertura de cunetas, a limpeza da drenaxe, a pavimentación con aglomerado en quente e a sinalización horizontal.
No caso de Foz, realizaranse varias actuacións en sete estradas provinciais da costa de Foz que conectan núcleos costeiros, zonas residenciais e accesos a praias como Llas ou Arealonga. O investimento é de case 250.000 euros e ten como obxectivo reforzar a seguridade viaria e mellorar a mobilidade nunha das zonas con maior afluencia turística da Mariña.
Concretamente, as obras afectarán as vías provincias LU-P-2001, LU-P-2002, LU-P-2006, LU-P-2007, LU-P-2009, LU-P-2011 e LU-P-2013.
O orzamento de licitación das actuacións é de case 250.000€ e un prazo de execución de 4 meses. Os traballos consistirán na limpeza de cunetas, e a pavimentación con aglomerado en quente e sinalización horizontal. Ademais, o proxecto inclúe a ampliación da beirarrúa na rúa Eduardo Pondal, para mellorar a seguridade peonil na contorna do centro escolar. “Trátase dunha actuación que permitirá mellorar unhas vías consideradas fundamentais na mobilidade deste do municipio mariñá e para o acceso ás zonas turísticas do litoral focense”, valorou a Voceira Socialista.
Tamén se adxudicaron obras de mellora por un importe conxunto de medio millón de euros. No concello de Ourol actuarase na LU-P-3807, que conecta Bravos e San Pantaleón ao seu paso por Foxo, cun investimento de 110.607,69 euros. A intervención abrangue un tramo de algo máis de tres quilómetros entre os puntos 6,510 e 9,543 e inclúe a reapertura de cunetas, reparación de danos e repavimentación.
En Ribas de Sil adxudicouse a mellora da LU-P-5301, cun investimento de 135.000 euros, nun tramo de case dous quilómetros entre os puntos 6,200 e 8,198. As obras permitirán completar a renovación desta vía que vertebra o municipio e conecta San Clodio co Alto da Cruz, incluíndo limpeza de cunetas, pavimentación e repintado da sinalización.
En Friol, investirase 275.000 euros na mellora da LU-P-2106, nun tramo de case once quilómetros que conecta o municipio co lugar de Lousada polo de Cimadevila, co que a estrada quedará practicamente renovada. Os traballos incluirán a reapertura de cunetas, reparación de danos, repavimentación e reposición da sinalización vertical.
“Estes novos investimentos demostran o noso compromiso coa mellora da rede viaria provincial. Traballamos en todas as estradas sen diferenzas políticas, atendendo unicamente ás necesidades reais de conservación, seguridade e mobilidade de cada municipio”, sinalou a Voceira Socialista do Goberno.
Colaboracións cos concellos de Lourenzá, Burela e Ourol
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou tres convenios de colaboración cos concellos de Lourenzá, Burela e Ourol por un importe conxunto próximo aos 800.000 euros destinados á mellora de instalacións municipais e ao apoio de actividades culturais e turísticas.
En Lourenzá investiranse 150.000 euros na mellora da nave municipal do recinto feiral de Ponte de Cuñas. As actuacións inclúen a renovación da cuberta, a mellora dos cerramentos e do sistema de evacuación de augas pluviais para completar a posta en valor deste espazo multiusos.
No caso de Burela, destinará máis de 600.000 euros á renovación integral do campo de fútbol da Marosa. A actuación desenvolverase en dúas fases entre 2026 e 2027 e permitirá mellorar a estrutura, a cuberta, as gradas, os vestiarios e a accesibilidade dunha das principais instalacións deportivas do municipio.
Por último, a institución provincial colaborará co concello de Ourol cunha achega de máis de 20.700 euros para apoiar a celebración da décimo cuarta edición do Festival Aturuxo de Bravos, que terá lugar os días 17 e 18 de xullo e que se consolidou como unha referencia cultural e turística da comarca.
Listas de emprego e nova maquinaria para o Parque Móbil
Ademais, na reunión desta mañá aprobouse a convocatoria e bases para a creación de tres listas de emprego para técnico superior de informática FP, técnico de márketing e publicidade e oficial de oficios múltiples, destinadas a cubrir servizos temporais na institución provincial. Tamén se adxudicou o subministro dunha minipa cargadora compacta con cazo para o Parque Móbil da Deputación á empresa Epromext SL por un importe de 68.365 euros, co obxectivo de reforzar os traballos de mantemento e conservación da rede viaria provincial.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



