Cervo, 29 de maio, 2026. O Concello de Cervo está a executar un importante proxecto de acondicionamento da parcela onde se sitúa a edificación da Escola de Rúa, co obxectivo de mellorar a funcionalidade e a imaxe deste espazo de uso público.
A actuación conta cun investimento de 203.525,01 euros, financiados con fondos propios, e inclúe a renovación integral dos firmes da zona actualmente pavimentada con rego asfáltico. Instalarase unha nova solera de formigón armado, máis axeitada para soportar o tránsito de vehículos pesados —como os camións que acceden durante a celebración de eventos—, garantindo maior durabilidade e evitando a aparición de vexetación nas áreas de menor uso.
Tamén se está a acometer a renovación das beirarrúas perimetrais, que presentaban un estado moi deteriorado. As novas beirarrúas, de lousa de granito de maior espesor e asentadas sobre formigón armado, permitirán o paso ocasional de vehículos sen risco de deterioro.
O proxecto complétase coa instalación dunha nova rede de pluviais, que permitirá canalizar correctamente as augas procedentes das baixantes e das canaletas, mellorando a drenaxe e evitando acumulacións de auga.
Renovación da Escola Unitaria de Rúa
Esta intervención súmase á recente rehabilitación da antiga Escola Unitaria de Rúa, impulsada tamén polo Concello, cun investimento próximo aos 50.000 euros, financiado parcialmente pola Xunta de Galicia. A actuación permitiu transformar o inmoble —de 226 m²— nun local cultural ao servizo da veciñanza.
As obras incluíron:
Mellora da envolvente mediante trasdosados con illamento de la mineral
Renovación de revestimentos e pintura
Instalación de sistemas de ventilación con recuperador de calor
Iluminación LED
Estas melloras incrementan a eficiencia enerxética, o confort e a seguridade do espazo.
Declaracións da alcaldesa
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, supervisou os traballos acompañada polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e polo pedáneo de Rúa, Ramón Elemparte. Destacou que:
“Con esta actuación integral seguimos mellorando un espazo moi utilizado pola veciñanza, adaptándoo ás necesidades actuais e garantindo a súa durabilidade no tempo”.
Tamén puxo en valor o dinamismo social da parroquia:
“Rúa é un exemplo do dinamismo do noso municipio, cunha veciñanza moi implicada na organización de actividades ao longo do ano. Por iso é fundamental dotala de infraestruturas adecuadas”.
Engadiu que a combinación da renovación do edificio e da súa contorna permite ofrecer un espazo máis funcional, cómodo e versátil, que reforza a vida social e cultural da parroquia.
Un paso máis na posta en valor das infraestruturas públicas
Con esta actuación, o Concello de Cervo continúa avanzando na mellora dos espazos públicos, combinando a renovación exterior coa recuperación do edificio para usos culturais e sociais, consolidando este punto como referente de encontro para a veciñanza.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



