Lugo, 30 de setembro de 2021. Na Casa da Cultura de Alfoz foille rendida unha homenaxe ao profesor e escritor Pedro Rubal Pardeiro, con motivo dos seus noventa anos, acto no que participaron o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, o Deputado de Relacións institucionais da Deputación Provincial, Roberto García Pernas; o Decano da Facultade de Filosofía da USC, Marcelino Agís Villaverde, e o Presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.
Presentouse o libro de Rubal Fuxindo da Saudade, que recolle os seus artigos publicados en GaliciaDigital (www.galiciadigital.com) os últimos dez anos, editado co apoio do Concello de Alfoz, do que Rubal é Fillo Predilecto. Así mesmo púxose en funcionamento a web pedrorubal.org, desenvolvida pola empresa lucense Galicia Digital, e que recolle a traxectoria vital do homenaxeado e toda a súa obra de creación. Por último, reinaugurouse a biblioteca pública municipal despois das obras nela realizadas, que se enriquece coa doazón que Pedro Rubal lle fixo da súa biblioteca persoal.
O libro Fuxindo da Saudade é un compendio dos artigos que Pedro Rubal ven publicando en GaliciaDigital con periodicidade semanal, nos que, baseándose en pensamentos ou tendencias filosóficas, analiza acontecementos da vida cotiá para proporcionar unha visión de especialista sobre a actualidade, de interese para especialistas e para todo lector preocupado pola marcha do noso mundo.
A web de homenaxe ao nonaxenario escritor está promovida polo Colectivo Egeria, realizada por GaliciaDigital e patrocinada polo Concello. Recolle na súa integridade os libros publicados por Rubal: De Maquiavelo a Wallraff. Dos víctimas de la hipocresía ajena; Evolución y complejidad. Perspectivas científica y metacientífica e Fuxindo da saudade, así como os artigos publicados na prensa escrita, revistas especializadas e en GaliciaDigital. Inclúense así mesmo opinións sobre o autor, formuladas por compañeiros, amigos, veciños ou alumnos deste.
Marcelino Agís Villaverde invitou publicamente ao profesor Rubal a acudir á súa Facultade para presentar ao alumnado esta última obra súa, para que os futuros filósofos poidan comprobar a brillantez dos coñecementos, a capacidade de análise e a vitalidade deste veciño de Alfoz, que durante a súa vida foise superando paulatinamente desde os primeiros estudos por libre no rural do norte da provincia, pasando por exercer como Procurador dos tribunais, obter a licenciatura e o doutorado en Filosofía, e conseguir a cátedra nesta especialidade, que desempeñou en varios institutos da Mariña luguesa.
Máis información: www.pedrorubal.org






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



