Ribadeo, 2 de outubro de 2021. Acisa Ribadeo aposta pola volta á normalidade o antes posible, tal e como está a acontecer noutras comunidades autónomas nas que se están a eliminar as restricións na hostalería e no ocio nocturno.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, asegura non entender o novo protocolo para o ocio nocturno que entra en vigor esta fin de semana: “cando en comunidades como Navarra ou Madrid, entre outras, as restricións están a desaparecer, aquí seguimos impoñendo protocolos e medidas como a petición do certificado covid para acceder aos locais que estean nos niveis máximos ou rexistros de entradas e saídas de clientes. O ocio nocturno é un dos máis afectados pola chegada da pandemia ás nosas vidas, estiveron moitos meses pechados, logo puideron traballar algo cuns horarios e aforos moi restrictivos… noutro momento da pandemia iso puido ter sentido, pero agora xa non llo vemos. En Galicia os niveis de vacinación son moi altos e o índice de contaxios bastante baixo. Pensamos que a hostalería e os locais de ocio nocturno teñen que volver canto antes á normalidade. Non poden seguir con máis cambios e con máis gastos para adaptarse ás normativas cambiantes que nos chegan desde a Xunta de Galicia”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinala que “noutros países europeos xa se está a falar da eliminación das máscaras en recintos pechados e nós seguimos a anos luz doutros territorios españois e europeos.
Pasan as semanas e seguimos con máis normas que o único que fan é ocasionarlles gastos ao sector. Pasan as semanas e a hostalería e o ocio nocturno seguen con restricións, algo que está a ocasionar que teñamos que ver imaxes e ler informacións sobre macrobotellóns en diferentes cidades galegas ou que vexamos moitos botellóns nas nosas vilas e pobos. Os únicos culpables de todo isto son os que seguen a impoñer normas, que non nos permiten avanzar nun momento, este no que nos atopamos, no que os contaxios están controlados en Galicia e unha porcentaxe moi importante da poboación está vacinada. Habería que ir con coidado, si, pero avanzando ao mesmo ritmo que outras comunidades ou países que temos bastante cerca”.
Para Jesús Pérez “o sector amósase preocupado e séntese indefenso e abandonado por parte das asociacións provinciais de hostalería. A Xunta segue a impoñer restricións co consentimento e os parabéns deses colectivos, que o que terían que estar a facer é a loitar para conseguir axudas directas para paliar as perdas sufridas durante tantos meses e non os parches aos que non teñen acostumados”.
Pérez Prada engade: “seguimos oíndo falar de diferentes niveis para o ocio nocturno, de peches ás 3 ou ás 4 da madrugada, de aforos do 50 ou do 75% no interior ata un máximo de 2.000 persoas, do 75% ou do 100% nas terrazas, de cursos para os empregados, de pagos electrónicos, de tantas e tantas cousas… de pouco nos serve o 100% de aforo nas terrazas e non chegar ao 100% no interior, porque coa distancia de seguridade non se cumpre ese 100%. Aparte de enganarnos parece que non saben que estamos no norte de España e que as terrazas dentro dunhas semanas xa empezarán a non usarse en moitos casos”.
Presidente e xerente agardan que “o antes posible se dea por rematado todo este pesadelo e que os nosos asociados e asociadas poidan traballar nas mesmas condicións que o fan compañeiros doutras autonomías”.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



