Ribadeo, 4 de outubro de 2021. Dez asociacións e clubs deportivos de Ribadeo únense para recadar fondos en beneficio do Cabildo da Palma, co obxectivo de axudar aos damnificados pola erupción do volcán de Cume Vello. As entidades promotoras desta iniciativa son: Acisa Ribadeo, a Asociación Familiar Amas de Casa de Ribadeo, o equipo de Ximnasia Rítmica de Ribadeo Porta Norte, o Real Club Náutico de Ribadeo, o Motoclub Al Corte, a Asociación Amigos da Gaita Galega de Ribadeo, a asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha, o Ribadeo FC, a Sociedad Deportiva Ribadeo, e os Veteranos do Ribadeo FC.
Estas dez entidades do ámbito local ribadense explican: “hemos habilitado un número de cuenta bancaria donde los socios de estas entidades, amigos, vecinos y visitantes de Ribadeo, puedan hacer una donación económica en beneficio de los afectados por la erupción del volcán de La Palma. Dicha cuenta estará abierta hasta finales del mes de octubre y posteriormente lo recaudado se enviará al Cabildo de La Palma, con el fin de que desde allí se canalicen dichos fondos de la mejor forma que consideren. Esperamos no solo la colaboración de los socios y miembros de nuestras entidades, sino también la de la los vecinos y vecinas de Ribadeo, vecinos de segunda residencia, visitantes o todos aquellos a los que les llegue esta campaña”.
A iniciativa parte destas entidades segundo sinalan “porque entendemos que por la cantidad de miembros que hay en cada una de ellas tenemos una buena capacidad de movilización inicial, pero el éxito de esta recaudación depende de la buena voluntad de todos. Y por supuesto cualquier otra asociación o entidad que lo desee puede unirse a esta campaña, que hoy ponemos en marcha”.
Os colectivos promotores desta iniciativa solidaria indican que “en Ribadeo viven algo más de 10.000 personas, si todos ponemos tan solo un euro recaudaríamos 10.000 euros que se podrían invertir en la reconstrucción de infraestructuras dañadas por esta catástrofe natural o en la recuperación de las zonas de cultivo afectados, entre otras posibilidades. Con los pocos euros que cada uno pongamos podremos ayudar a financiar alimentos de primera necesidad o la compra de enseres domésticos, para quienes lo han perdido todo. Los recuerdos, las vivencias, los sentimientos de las personas afectadas por este volcán, no se los vamos a poder devolver, pero quizás con este grano de arena podamos ayudarles a empezar una vida nueva”.
E engaden: “colaborar es muy sencillo. Hacer una pequeña donación mediante ingreso o transferencia bancaria de lo que cada uno pueda. Por poco que sea, estaremos ayudando a miles de personas que lo están perdiendo todo. Las donaciones se pueden hacer en el número de cuenta bancaria: ES47 2080 0140 1530 4020 1283 de ABANCA, con el concepto: Donación erupción La palma, y destinatario: ACISA RIBADEO (por ser los titulares de la cuenta y los encargados de, posteriormente, realizar la trasferencia de todos los fondos al Cabildo de La Palma). Todas las donaciones tendrán absoluto carácter anónimo”.
A campaña moverase en redes sociais, entre os membros das entidades e en mensaxes de WhatsApp co fin de poder chegar ao maior número de persoas posible.























Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


