Lugo, 7 de outubro de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou hoxe o compromiso do Goberno para colaborar na preservación de valiosos monumentos da provincia de Lugo como a Catedral de Mondoñedo e o Mosteiro de San Salvador de Lourenzá. Este foi un dos temas que abordaron a subdelegada e o novo bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos, nun encontro que mantiveron na Subdelegación do Goberno.
Isabel Rodríguez explicou que o Goberno destina 5,5 millóns de euros do Plan Turístico Nacional do Xacobeo para a realización de traballos de conservación de dous dos máis importantes monumentos situados na diocese de Mondoñedo-Ferrol. E lembrou que non son estes os únicos investimentos, pois o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana financia, con cargo ao 1,5% cultural, outros proxectos para melloras no entorno da Catedral da Nosa Señora da Asunción de Mondoñedo.
A subdelegada recordou que o Ministerio investiu 131.507 euros nun primeiro proxecto de acondicionamento e urbanización do entorno da Catedral e tamén concedeu unha segunda subvención por importe de 194.054 euros, ao Concello mindoniense, para un segundo proxecto de acondicionamento da praza da Catedral, que está pendente de execución.
Na primeira visita institucional que efectuou o novo bispo á subdelegada, tamén trataron sobre a situación das persoas en situación de precariedade económica e sobre os problemas de colectivos inmigrantes.
Isabel Rodríguez desexoulle éxitos na súa nova responsabilidade a monseñor García Cadiñanos, que foi ordenado bispo de Mondoñedo-Ferrol o pasado 5 de setembro en substitución de monseñor Luis Ángel de las Heras.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



