Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2021. O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) reclama máis protección social para os case seiscentos mil galegos e galegas que viven por baixo do limiar da pobreza. Nesta liña, a actuación máis urxente é a modificación da risga para facela compatible co ingreso mínimo vital, tarefa á que a Xunta se comprometeu, «pero na que leva xa máis dun ano de atraso», denuncia o sindicato. Con motivo do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, que se conmemora este domingo, CCOO fai público un estudo que analiza a dimensión deste fenómeno no noso país.
A secretaria de Emprego e Protección Social de CCOO, Maica Bouza, matiza que a análise e avaliación da pobreza «reviste unha gran complexidade» debido á disparidade de parámetros que se utilizan na súa medición. Mídanse como se midan, os niveis de pobreza «alcanzan cotas inaceptables», polo que é «imprescindible» aproveitar as etapas de crecemento económico para desenvolver políticas que combatan a pobreza laboral, a precariedade e a desigualdade.
Segundo a enquisa de condicións de vida do INE (con datos do 2019), case seiscentos mil galegos e galegas, o 22,1 % da poboación, viven por baixo do limiar da pobreza (9626 euros para unha persoa soa). Un dato máis actualizado (do 2020), o do número de fogares sen perceptores de ingresos, sitúaos nos 34 100, cifra onde xa se recolle parcialmente o impacto da pandemia, cun aumento de 6600 sobre o ano anterior.
Modificar a RISGA
Para Maica Bouza, neste «grave contexto» as redes de protección social «deben desempeñar un papel determinante», especialmente no que se refire ao sistema público de pensións e as rendas de inserción. As dúas primeiras van ligadas en maior medida á vida laboral e, como CCOO detalla neste estudo, a situación de pobreza conflúe con vidas laborais intermitentes e precarias.
Por esta razón, «a prestación que debería darlles cobertura aos galegos e galegas en situación de necesidade é a risga, que debe modificarse para facela compatible co ingreso mínimo vital e cubrir aquelas situacións onde este non chega». Así mesmo, o sindicato demanda máis flexibilidade nos requisitos, menos burocracia e, en consecuencia, máis orzamento. «Estes son pasos imprescindibles se queremos reducir a pobreza e a exclusión social en Galicia», sinala Bouza.
Emprego de calidade
Para CCOO, o chamado «escudo social» despregado para combater o impacto da covid, o ingreso mínimo vital e o incremento do salario mínimo, «deron bos resultados pero non abonda». Pide a implicación da Xunta e do Goberno central para darlle a volta a esta situación. En concreto, cambiar a normativa laboral para promover o emprego de calidade; reforzar as políticas activas de emprego; ampliar a protección por desemprego; mellorar os salarios; garantir unha vivenda digna; elevar o IPREM; desenvolver un sistema fiscal progresivo e xusto e consolidar o sistema público de pensións.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



