Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2021. A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo cos representantes do sector náutico-recreativo da comunidade co obxectivo de facer balance das accións promocionais desenvolvidas ao longo deste ano e planificar a estratexia de reforzo da súa competitividade de cara a 2022, no marco do Xacobeo 2021-2022.
Precisamente, as representantes do Executivo autonómico incidiron na oportunidade que brinda a prolongación do Ano Santo ao vindeiro exercicio como elemento dinamizador do sector náutico e concretamente do turismo neste eido e ratificaron a aposta da Xunta pola promoción da peregrinación por mar. Deste xeito preténdese atraer a Galicia a navegantes de toda Europa que recalen nos portos autonómicos, identificados co símbolo da onda xacobea, para continuar desde alí a súa peregrinación por terra ata Compostela.
Ademais, durante o encontro os representantes dos clubes náuticos e mariñas instaladas nos peiraos de titularidade autonómica avaliaron os resultados dos contactos de negocio xerados nas feiras sectoriais ás que ambas institucións acudiron conxuntamente, en concreto o Southampton Boat Show de Reino Unido e o Grand Pavois de La Rochelle, en Francia.
Portos e Turismo de Galicia tamén trasladaron a próxima participación no salón náutico de París o vindeiro mes de decembro e consensuaron cos participantes na reunión o calendario de eventos náuticos internacionais nos que Galicia ten previsto participar o vindeiro ano. Neste sentido, comunicaron a vontade de explorar o mercado do norte de Europa mediante a participación no salón Hiswa de Ámsterdam.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



