Ribadeo, 23 de outubro de 2021. Asinado o convenio entre o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo para a construción das novas pistas multideporte para fútbol, baloncesto, voleibol, skate, calistenia, dirixidas á mocidade. O importe ascende a 422.000 euros, onde a Área de Deportes Provincial achega 340.000 euros en dúas anualidades e o Concello asume os 82.000 restantes.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “tal e como anunciamos hai varias semanas, somos conscientes das carencias que ten Ribadeo de lugares públicos para o lecer e o recreo da xente moza deste concello. Ribadeo aínda vai contando con infraestruturas como pavillóns polideportivos ben equipados ou campos para o adestramento regrado de varias especialidades deportivas, entre outras. Pero Ribadeo adoece desde sempre de algo destinado a pasar un pedazo de tempo cos amigos e coas amigas xogando unha pachanga, tirando unhas canastras, practicando algo de voleibol, facendo algo de ximnasia ou incluso practicando outros novos deportes como o skate”.
O rexedor comentou que “diante desta situación, estamos a facer unha aposta moi seria, moi firme e moi importante para toda esta xuventude, que cando sae, tampouco ten demasiado a onde ir para xuntarse nos momentos de lecer”.
Suárez Barcia explicou que “co financiamento para esta obra garantido, usaremos a mazá interior de titularidade municipal que está entre a Avenida de Galiza, a Rúa Pintor Fierros e a Rúa Daniel Cortezón. E construiremos unha grande superficie multideporte e de lecer. Unha pista multideporte para fútbol, baloncesto e voleibol; outra de skate e máis un circuíto de calistenia. E todo isto complementado con dotacións para estar sentados, de parole, rodeados de árbores, con iluminación, etc”.
O alcalde ribadense subliñou que “o deputado delegado de Deportes, Efrén Castro, foi sensible ás nosas xustas demandas polo que agora unha vez asinado, ultimaremos o proxecto e iniciaremos os trámites de licitación das obras para que axiña vexa a nosa mocidade cumprido ese desexo do que tanto nos teñen demandado ao longo do tempo”.
Fernando Suárez conclúe a súa exposición: E porque todo isto?. Pois porque toda a sociedade o pasou moi mal nesta a pandemia, pero o segmento de xente adolescente aos que lles estamos pedindo continuamente compromiso tamén necesitan que nós nos comprometamos con eles. E niso estamos, agora que estamos recuperando a normalidade”.





















A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.



