Burela, 25 de outubro, 2021. O Pescados Rubén Burela FS volverá participar no plan de patrocinio deportivo da Xunta de Galicia contra a violencia de xénero. O presidente laranxa, Manuel Blanco, interveu esta mañá na presentación da segunda edición desta iniciativa dirixida a equipos de alta competición femininos de 1º e 2º máximo nivel estatal de Galicia 2021, nun acto que contou coa presenza da conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete.
O club mariñán xa foi un dos 9 beneficiados a tempada pasada na estrea do plan que este ano renova o seu compromiso con 26 entidades de diferentes modalidades deportivas, a través de deportistas que “son exemplo non só nos éxitos sobre as pistas senón tamén a través das ensinanzas sobre o verdadeiro significado do compañeirismo, esforzo, traballo e superación”, segundo explicou a conselleira, co engadido do secretario xeral sobre o “crecemento imparable do deporte feminino galego acadando que, por vez primeira, haxa máis prazas concedidas a mulleres que a homes no Centro Galego de Tecnificación Deportiva ou que o Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia patrocine a 102 equipos femininos, cando na súa primeira edición en 2009, eran tan só 30”.
Un Europeo que berrará NON
O club laranxa visibilizará a loita pola tolerancia, a igualdade e a non violencia no deporte e na vida como anfitrión e organizador da competición internacional Futsal Women’s European Champions entre o 2 e o 5 de decembro en Lugo, reunindo as campioas das mellores ligas europeas.
Así mesmo, desenvolverá diferentes accións divulgativas nas redes sociais e Burelafs.tv e dedicará un partido con motivo do 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero; será o 13 de novembro, coa visita de Móstoles a Vista Alegre.
Futsal, baloncesto, balonmán, fútbol, voleibol, rugby e sófbol
Xunto ao Pescados Rubén Burela, neste plan hai outros 4 equipos de fútbol sala, 7 de baloncesto, 7 de balonmán, 2 de fútbol, 2 de voleibol, 2 de rugby e 1 de sófbol.
A Coruña: Club Universitario de Ferrol (Narón), Club Maristas (A Coruña), Fundación Educación e Deporte de Santiago, Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D., Club Viaxes Amarelle FS (A Coruña), Club de Arquitectura Técnica (A Coruña), Club Béisbol y Sófbol Cambre e Club Instituto Zalaeta da Coruña.
Lugo: Ensino Lugo Club de Baloncesto, Club Peluquería Mixta Friol, Pescados Rubén Burela Fútbol Sala e Club Emevé (Lugo).
Pontevedra: Club Deportivo Bosco (Vigo), Agrupación Deportiva Cortegada (Vilagarcía de Arousa), Club Baloncesto Arxil de Pontevedra, Club Balonmán Porriño, Club Balonmán Atlético Guardés, Asociación Deportiva Carballal (Vigo), Sociedad Atlética Redondela, Unión Balonmán Lavadores (Vigo), Club Balonmano Porriño B, Asmubal Meaño, Club Poio Fútbol Sala e Pontevedra Rugby Club.
Ourense: Ourense Club de Fútbol S.A.D. e Cidade das Burgas Fútbol Sala.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
