Santiago de Compostela, 2 de Novembro, 2021. O BNG centrará na vindeira sesión plenaria na escalada de prezos, as reformas anunciadas polo Partido popular na Atención Primaria e na grave crise do sector industrial
Tras a reunión da Xunta de portavoces para elaborar a orde do día do vindeiro pleno, a viceportavoz do BNG, Olalla Rodil avanzou que a portavoz nacionalista, Ana Pontón preguntará ao Presidente da Xunta, polo incremento dos prezos que están a afectar gravemente aos fogares galegos así como aos sectores produtivos. Pontón preguntará a Feixóo que pensa facer o Goberno galego ante ·este encarecemento dos prezos que levaron a subir a “cesta da compra en Galiza, un 2,3% no ano 2021” un encarecemento, dixo, que supera a media do estado e nun país cos “salarios e pensións máis baixas de España”.
Hoxe encher o carro da compra para calquera familia traballadora galega, explicou Rodil, representa case “un 20% máis cara que hai unha década” e que provoca que “máis de 600 mil persoas en Galiza vivan unha situación de pobreza ou risco de padecela” .Sube o prezo dos alimentos básicos; suben a luz e os carburantes e iso afecta ás familias, aos fogares pero tamén aos sectores produtivos, especialmente no sector primario, agro-gandeiro que ve como “os costes de produción se incrementan pero non o fan os prezos en orixe”, mentres “a Xunta de Galiza mira para outro lado”.
Neste sentido, aludiu a un sector estratéxico na economía galega, o lácteo, do que Galiza é principal produtora no estado co 40% do leite en máis de 5.000 explotacións de todo o país, principalmente en Lugo e na Coruña. Na actualidade, unha explotación leiteira en Galiza ten que pagar un 20% máis pola alimentación das vacas e máis do 22% pola enerxía e o combustible pero “cobra de media por litro 32 céntimos”, cando ese litro de leite custa 40 céntimos producilo. Aos gandeiros e gandeiras galegas, afirmou vicerportavoz do BNG “aféctalle máis a escalada dos prezos da enerxía e dos carburantes” porque non poden escoller si muxen ou non as vacas ás 4 da mañá ou as 12 do medio día, “hai que muxilas cando toca” e non en función das novas franxas horarias como propón o Goberno español.
No pleno, dixo Rodil, ademais de preguntar sobre o incremento dos prezos formularemos unha pregunta específica ao conselleiro de Medio Rural sobre o sector do leite.
Dereito dos galegos e galegas a unha sanidade de calidade
Por outra parte, a viceportavoz do BNG, anunciou a solicitude de comparecencia urxente do conselleiro de Sanidade para que explique as reformas anunciadas en Atención Primaria e que están a causar un “enorme malestar” entre as e os profesionais da sanidade pública, especialmente facultativos ao que sumou enormes dificultades das persoas usuarias para acceder aos médicos e médicas de cabeceira.
“As reformas anunciadas polo PP xa están atopando resposta como a mobilización convocada para o 14 de novembro pola plataforma SOS Sanidade Pública, contra os recortes nos orzamentos e desmantelamento da AP nun contexto que precisa de máis recursos, demandas que dende o BNG apoiamos”.
Entre outras cuestións, o BNG tamén preguntará ao goberno sobre o futuro de Alcoa, San Cibrao e a produción de aluminio primario en Galiza, tras a sentenza do Tribunal Supremo que confirma a nulidade do ERE.
“No BNG temos claro que a loita social e mesmo xudicial dos traballadores e do comité resulta fundamental para chegar até onde estamos pero a solución é política e pasa inescusablemente pola intervención”.
A xunta non pode permanecer ausente sen defender os postos de traballo, a produción de aluminio primario en Galiza e o mantemento da actividade industrial nunha comarca como a da Mariña que vai camiño de ser un ermo entre o peche de Vestas e a incerteza en Alcoa, concluíu.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



