Barreiros, 4 de novembro de 2021. Os Concellos de Barreiros e Ribadeo tiveron coñecemento de que a publicación realizada no BOE sobre o proxecto eólico Fonte Barreiros que prevé a instalación de xeradores en ambos municipios contén erros na documentación, polo que deberá ser publicada novamente e sometida a un novo prazo de exposición pública durante 30 días.
A alcaldesa de Barreiros explica que desde os servizos técnicos municipais xa se realizou un primeiro análise e se trasladaron algunhas consideracións técnicas sobre o mesmo e as liñas de evacuación, ao tempo que se solicitou a ampliación de determinada información para poder emitir un informe o máis adecuado posible á realidade do proxecto.
Neste momento, o proxecto atópase no trámite da autorización administrativa previa, de información pública e informe ambiental, polo que a información é moi incipiente e debe analizarse ao detalle para tratar de analizar o impacto e adoptar unha posición con todos os datos enriba da mesa.
O proxecto publicado no BOE do 14 de outubro, que establecía de prazo de alegacións ata o 26 de novembro, deberá ser publicado novamente, abrindo un novo prazo; polo que as alegacións poderán presentarse ata máis adiante.
O promotor é Green Capital Development 100, SL e prevé a instalación de 16 aeroxeradores (en principio 8 deles en Barreiros e 8 en Ribadeo) de tres pas de 170m de diámetro e 135m de altura de pau, que sumarían unha potencia de 96MW.
Desde os Concellos sinalan que o parque proxectado responde a un modelo que está proliferando no noso País nos últimos tempos e que provoca un gran impacto no territorio, polo que desde farán unha análise pormenorizada para ver a incidencia e, especialmente, a repercusión nos municipios e nas vidas das persoas que residen neles.
Ambos rexedores manifestaron a escasa capacidade de actuación que teñen as entidades locais e anunciaron que en canto teñan toda a información a trasladarán para coñecemento público, xunto cos informes técnicos e as consideracións que poidan emitir.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



