Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2021. A Xunta de Galicia ten tomado a iniciativa para activar os proxectos de construción de novos centros contemplados nas fases 1 e 2 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria, aprobado polo Consello da Xunta a pasada semana.
Así, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de remitir cartas aos alcaldes e alcaldesas dos 28 concellos para os que as fases 1 e 2 do dito Plan propoñen a construción dun novo centro de saúde. Seguindo o procedemento habitual na posta en marcha destas infraestruturas, na misiva solicítase a pronta achega, por parte do concello, dunha parcela viable para axilizar o proceso administrativo de licitación de proxecto e obra e de posta en funcionamento do novo centro.
Nese sentido, o conselleiro ofreceulles aos representantes municipais a colaboración do persoal técnico dos servizos de obras do Sergas para axudar na localización do terreo axeitado, coa total disposición para visitar e avaliar aquelas parcelas que os concellos consideren e determinar se cumpren ou non coas necesidades requiridas desde o punto de vista técnico, trámite que xa foi iniciado en varios dos concellos destinatarios. Para facilitar a localización das parcelas, o conselleiro indicou a cada concello os metros cadrados de edificabilidade necesarios para o centro proxectado para o seu municipio.
Sinálase, tamén, que a aprobación deste Plan facilita a capacidade de previsión no necesario diálogo coas administracións locais para a posta a disposición das parcelas axeitadas e o inicio dos trámites urbanísticos, ao contar xa cunha superficie estimada do futuro edificio e cunha garantía da vontade da administración autonómica de levar a cabo ese proxecto ao atoparse dentro dunhas prioridades marcadas e coñecidas.
En consecuencia, a Xunta de Galicia traslada de xeito oficial esta vontade a través das cartas remitidas, que achegan tamén o contido íntegro do Plan, no que están detalladas as necesidades obxectivas que motivaron a priorización dos proxectos finalmente elixidos, así como a proposta de plan funcional deseñada para a futura infraestrutura coa que o Goberno galego quere mellorar o servizo sanitario en cada concello.
Plan de Infraestruturas de Atención Primaria
O Consello da Xunta de Galicia aprobou a pasada semana un Plan de Infraestruturas sanitarias de Atención Primaria que contempla a posta en marcha de 37 centros de saúde e a ampliación ou reformas noutros 14 xa existentes. As actuacións están divididas en tres fases, das que a fase 0 contempla proxectos coa tramitación administrativa xa iniciada previa sinatura dos oportunos protocolos ou convenios co concello correspondente, polo que xa teñen superada a fase de localización de terreos.
Así, os concellos con novos centros proxectados na fase 1 son Noia, Ribeira, Porto do Son, Pantón, Lugo, Ribadeo, O Carballiño, Boborás, Muíños, Caldas de Reis, O Grove, Poio, Cangas do Morrazo e A Guarda, mentres que na fase 2 figuran novos centros para Fisterra, Malpica, Ferrol, Fene, Teo, Becerreá, Guntín, Allariz, Montederramo, Ourense, Barro, Meis, Ponteareas e Mos. Estes foron os concellos destinatarios das cartas.
Para a elaboración desta planificación contouse co coñecemento existente nas estruturas das áreas sanitarias, que repasaron a situación das infraestruturas da súa contorna para avaliar as maiores necesidades. Os criterios fundamentais que se tiveron en conta para establecer a priorización destas futuras actuacións foron tanto técnicos como asistenciais, valorando circunstancias como a antigüidade dos actuais centros ou o seu estado de conservación, así como as carencias funcionais e operativas que as áreas atopan neles para adaptalos ás necesidades actuais de asistencia sanitaria.
A elaboración deste Plan aliñase coa estratexia de transformación que a Xunta está a desenvolver na atención primaria a través do documento estratéxico “Por unha atención primaria vertebradora do sistema de saúde”. Así, o Executivo galego está a apostar pola potenciación da atención multidisciplinar, do traballo en equipo, e o desenvolvemento en plenitude das competencias de cada categoría profesional implicada neste nivel asistencial, cunha vocación de impulso á saúde comunitaria.
Investimento desde 2009
Co remate en outubro de 2021 da obra de construción do centro de saúde de Bouzas (Vigo) e das obras de reforma dos centros de saúde de Mugardos e Bertamiráns (Ames), conclúe un período desde 2009 no que a Xunta de Galicia ten construído ou reformado un total de 92 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre mais de 75.000 metros cadrados. O Goberno galego ten neste momento dúas infraestruturas de atención primaria en proceso de construción (CIS de Lugo e CIS de Lalín), tres reformas en disposición de comezar antes de que remate este ano (ampliación do centro de saúde de Porriño e reformas dos centros de saúde de Arnoia e Ribadavia), e quince reformas en centros de saúde de titularidade municipal en execución en colaboración coas administracións locais, trala sinatura este ano de convenios cos concellos de Rairiz de Veiga, O Bolo, Palas de Rei, Fornelos de Montes, Campo Lameiro, Valdoviño, Amoeiro, Rodeiro, Beariz, Vilardevós, Baltar, Maside, Friol, Castro Caldelas e Castrelo de Miño.
En total, a Administración autonómica investiu, nestes 12 anos, preto de 120 millóns de euros en infraestruturas sanitarias de atención primaria. A partir deste ano, o novo Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria servirá a xeito de plan director para o novo ciclo de investimento futuro nesta rede de centros, deseñando así unha folla de ruta que centre as prioridades de actuación a curto e medio prazo.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



