Santiago de Compostela, 16 de novembro 2021. A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil anunciou que o Parlamento galego activou hoxe a Comisión, “impulsada polo BNG” para a modificación do modelo de financiamento. Grazas ao traballo do BNG, indicou a nacionalista, “Galiza terá algo que decir na negociación do novo sistema de financiamento”. Dende o BNG, recalcou Rodil, poñemos en valor a creación desta comisión que até o 22 de novembro manterá un prazo para que as forzas políticas designen ás persoas que participarán na comisión de estudo e comezar co plan de traballo e formalización das comparecencias.
Políticas activas para loitar contra as violencias machistas
Tras a Xunta de portavoces para elaborar a orde o vindeiro pleno, a deputada avanzou que o BNG centrará as súas intervencións reclamando un papel pro activo das institucións contra a violencia machista, coincidindo coa celebración do 25-N Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
As institucións, dixo, deben asumir un papel “máis proactivo na detección e intervención fronte á violencia machista”. Non podemos agardar a que as mulleres decidan dar o paso de presentar denuncia porque non é preciso para garantir a súa protección, en Galiza desde 2007 a condición de vítima non require de denuncia nin policial nin xudicial. “Un informe de servizos sociais é suficiente para que todo o sistema de protección social e de axudas se poña en marcha”.
“Sabemos que apenas se denuncian o 20% dos casos de violencia machista. Isto quere dicir que 8 de cada 10 se descoñecen de aí a importancia dos servizos públicos de apoio, asesoramento, prevención e protección fronte á violencia machista”. Neste sentido, Rodil anunciou que o BNG defenderá tres medidas co fin de, “ ampliar e reforzar a rede de CIM de competencia municipal, na actualidade 83 centros de información ás mulleres que cobren 182 concellos (de 313). É necesario, polo tanto, ampliar esta rede para cubrir o conxunto do territorio.”
Ademais, resulta urxente a Formación persoal especialmente do SERGAS e recuperar a presencialidade na atención sanitaria porque “no centro de saúde pódense detectar moitos casos antes de que as mulleres decidan dar o paso para denunciar”.
Por outra banda, exixiremos unha avaliación do protocolo de coordinación interinstitucional incluído no acordo parlamentario “que non se cumpre dende a súa aprobación, hai dous anos”.
A cidadanía non se mobiliza por deporte, reclama os seus dereitos
Entre outros asuntos, o BNG levará ao pleno “a crecente mobilización social e malestar social que as galegas e galegos están a expresar nas rúas”. Neste sentido, a portavoz nacional, Ana Pontón preguntará a Feixóo se está “a tomar nota” do que lle está a dicir a xente, sen ir máis lonxe, o pasado domingo na manifestación convocada por SOS Sanidade pública pero tamén dende os sectores produtivos como o do leite, porque “é imposible vivir do teu traballo se cobras menos do que che custa producir”
“A xente non se mobiliza por deporte senón polos seus dereitos” remarcou.
O BNG tamén defenderá unha Moción para recuperar a presencialidade na Atención Primaria para todas as persoas que o precisen e o soliciten limitando a atención telefónica a tarefas complementarias.
Sobre o sector lácteo o BNG urxirá á Xunta a facer algo máis que “ser simple comentarista da realidade ou ter un conselleiro de Medio Rural dedicado a mandar cartas ao BNG para pedirnos que fagamos o seu traballo”. Debe ser convocada a Mesa do leite e sentar todos os elos da cadea ademais de pedirlle explicacións ás industrias que están pagando en orixe por debaixo do custe.
Olalla Rodil mostrou o apoio do BNG á folga xeral convocada para mañá na Mariña e exixirá á Xunta que defenda a industria, a Alcoa a Vestas, e que abandone as políticas que levaron ao peche a moitas empresas como Ecar e Industrias Pardiñas a Mon, IPV, Conservas Alonso, Muebles Hermida, Gres Burela, Maderas Costiña ou os EREs en Sargadelos.
“O PP está deixándonos cada día unha Galiza máis achicada, máis pequena, e este país merece e ten dereito a moito máis”, concluíu.



















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



