Lugo, 18 de novembro de 2021. Ter no territorio municipal unha basílica como a de San Martiño e, a 500 metros dela, un castro (Lelle) que está sendo obxecto de escavación, con financiación da Xunta de Galicia, é un luxo que necesariamente ten que ser aproveitado polo Concello. O PP insta ao goberno local a executar sen máis demora o acordo, alcanzado a proposta dos populares no ano 2019, para abrir unha senda peonil que una San Martiño co castro de Lelle.
O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Estamos moi satisfeitos no grupo municipal do PP por como van os traballos de sondaxes e catas arqueolóxicas no castro de Lelle ou castro das Engrobias, traballos que son financiados pola Xunta de Galicia con case 17.000 euros, a cargo do Plan de Catedrais de Galicia 2021-2027, do que lle tocan a San Martiño arredor de 450.000 euros. Moi satisfeitos porque é un proxecto iniciado polo Partido Popular, no ano 2017, que foi cando se compraron eses terreos, baixo un mandato popular, co fin de poñer en valor un castro tan importante como este”.
Explica o portavoz popular: “Xa na oposición, presentamos unha moción para que se puxera en valor, en outubro de 2019. Froito desa iniciativa, a Xunta de Galicia está a facer sondaxes arqueolóxicas e a posta en valor. Nesa moción incluíase unha responsabilidade para o Concello, que era unir mediante unha senda a basílica de San Martiño e o castro de Lelle, que están separados por menos de 500 metros”. Engade: “Pediamos que se incluíra ese proxecto no Plan Único do 2020; pero o equipo municipal de goberno (PSOE-BNG) non fixo absolutamente nada e no 2021, tampouco, e non hai moitas trazas de que pense facelo no 2022; non vemos que se estea elaborando un proxecto deste tipo”.
Os populares piden “ao equipo de goberno local que cumpra os seus compromisos para poñer en valor este conxunto histórico tan importante para Foz e se poña con esa senda cultural, histórica e turística, que una a basílica de San Martiño co castro de Lelle”. Demandan igualmente “que acabe de comprar os terreos que circundan o castro, e que se cree unha zona de estacionamento”. Castiñeira está convencido de que “será unha zona de grande interese e moi importante para toda A Mariña”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



