Vegadeo, 24 de novembro de 2021. O escritor Nicolás Fernández Suárez do Otero, que reside en San Cibrao (Cervo), presenta a súa primeira novela no seu concello natal, Vegadeo, este venres, día 26. A obra, que se titula Aguafuerte en gris, foi editada por Lareira Libros, de Viveiro, e xa está á venda na web www.libroslar.com.
A presentación terá lugar na Casa da Cultura vegadense ás 19:30 horas e, ademais do autor do libro, participarán a concelleira de Cultura no Concello de Vegadeo, Arantxa González; o catedrático de Lingua e Literatura española José Antonio Fernández Vior, que é o autor do prólogo da novela; e a escritora Belén Rico Prieto.
Nicolás Fernández Suárez do Otero naceu en 1948 en Vegadeo, a 500 metros da liña divisoria con Galicia, e conta: “desde niño hablé castellano y castrapo, o sea un gallego descafeinado del pueblo llano. Y siempre me sentí, como mi padre, más gallego que astur. A los 19 años me examiné de Preuniversitario en Oviedo, ya trabajando como educador titulado en Colegios Menores de Juventudes. De ahí me ofrecieron incorporarme a la Universidad Laboral de Cheste (Valencia), que fue el mayor complejo de internado del mundo, con 5.000 alumnos. Y durante 42 años, once meses y un día tuve el privilegio de dedicarme a la enseñanza, tarea que me apasionó desde niño. Me licencié, también trabajando, en Geografía e Historia en la Universidad Complutense de Madrid”.
O escritor engade: “mi primer premio literario lo obtuve a los veinte años, por un cuento titulado Aquel inválido. Otros galardones posteriores me facilitaron el acceso a colaborador habitual de diversos medios, entre ellos Diario-16 / La Región de Castilla la Mancha, El Día, El Independiente, Teletoledo y, esporádicamente la SER y Cadena RATO. Los galardones más preciados fueron el Cervantes de la Universidad Popular de Castilla la Mancha, en tres ediciones diferentes, y el Primer Premio Internacional de Escritores en Castellano, por Paisaje interior. Fui miembro de la Asociación Internacional de Periodistas de Prensa, Radio y TV. Y dirigí la revista Toledo Magazín hasta su cierre”.
Para finalizar, Nicolás Fernández comenta: “vivo y espero morirme en San Ciprián, mi actual y venturoso lugar en el mundo, donde eché el ancla a mediados de octubre de 2020. Y en la Mariña Lucense se pone de largo mi novela Aguafuerte en gris, tras veinte años de trabajo a corazón abierto”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


