Lugo, 25 de novembro de 2021. O tecido produtivo lucense atravesa unha situación moi complicada, debido, entre outros factores, o encarecemento da enerxía eléctrica e o gasóleo. Un dos sectores máis prexudicado é o gandeiro, como sinala o portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, que dende Friol, e en compañía do alcalde, José Ángel Santos, anuncia a presentación dunha iniciativa na Deputación para que o Goberno cambie de estratexia, tanto na política enerxética como na laboral e tributaria, e non afogue ao tecido económico lucense.
Castiñeira sinala: “Que o tecido económico, produtivo, lucense sufre é un feito. O grupo provincial do PP leva meses denunciando esta situación, incluso anos poñendo de relevo o mal momento que pasa a nosa industria, os problemas que ten o sector pesqueiro, as dificultades da construción, os atrancos que padecen os nosos comerciantes. Dende Friol, queremos falar dun dos sectores máis afectados: o gandeiro, que é moi importante para a economía lucense”.
O portavoz popular destaca que “na provincia temos máis de 3.100 explotacións, que producen practicamente o 45% do leite galego, que, a súa vez, supón o 40% do leite nacional”. Destaca que “estes datos convértennos nunha das zonas máis importantes de produción láctea de toda Europa; é moi importante para a economía lucense, máis aínda cando esas 3.131 explotacións están espalladas por todo o territorio lucense, co que é fundamental para a economía rural da nosa provincia”.
O portavoz popular constata que “este sector está a sufrir un dos peores momentos dos últimos anos”. Sinala: “Os altos custos da produción non se ven corrixidos polo prezo de venda. Iso é incumprir a lei da cadea alimentaria. Estamos a pedir que se garantan uns prezos mínimos. Os nosos gandeiros fan ben o seu traballo; modernizaron as explotacións nestes anos e están a traballar arreo para dar boa calidade de leite, para seguir producindo a cantidade que demanda a nosa sociedade”.
O PP demanda “un cambio da política do Goberno, da nefasta política enerxética que eleva os custos de produción, porque sube o prezo do gasóleo e da luz, o que provoca encarecemento dos pensos”. Engade: “É unha mala política de impostos e unha mala política laboral, que prexudican aos nosos autónomos e aos nosas empresas, que se ven afogadas e atravesan un momento moi malo”.


















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



