Foz, 25 de novembro de 2021. O Concello de Foz traballa na actualización do rueiro municipal. Para mañá, venres 26 de novembro, están convocados a unha reunión de traballo os voceiros dos distintos partidos da corporación, xunto con traballadores da empresa redactora e técnicos municipais.
O alcalde, Fran Cajoto, explica as accións que se están levando a cabo para realizar “un traballo moi necesario”, aínda que é consciente das incomodidades que pode causar a veciñas e veciños: “actualmente no rueiro municipal hai numeración repetida e incongruencias en moitos puntos. Hai problemas co servizo de Correos e moitos máis coas empresas de paquetería e transporte, que cada vez teñen unha maior demanda. O máis grave pode resultar nunha situación de emerxencia, xa que as ambulancias están a ter problemas para localizar os domicilios dos avisos. Na actualidade o Concello só dispón duns planos en papel, desfasados e que contan con moitos erros. Estase a traballar para facer unha numeración cabal, cos menores cambios posibles, prevendo próximas construcións para evitar cambios e que sexa de referencia para as próximas décadas”.
O rexedor municipal anuncia que “no proceso vaise a contar coa participación de veciñas e veciños, para revisar posibles erros ou omisións e tamén para a elección de nomes de distintas rúas que actualmente non o teñen. Imos facer reunións informativas nas distintas parroquias, deixando copias de planos e dando información a todas as veciñas e veciños para os trámites necesarios unha vez o rueiro estea rematado. Sabemos das incomodidades de cambiar un número, pero tamén que son moito maiores os beneficios: cando as direccións estean actualizadas desaparecerán erros en aplicacións como o google maps. Ese é o noso obxectivo, que a correspondencia e a paquetería chegue de forma axeitada a todas e todos, que non haxa ningún problema nos padróns e que a Administración faga máis fácil a vida á xente”.
Fran Cajoto indica que “as veciñas e veciños terán voz e voto no elección de nomes para as rúas que están sen el. Queremos un proceso participativo e cando o traballo estea máis avanzado indicaremos a forma en que se levará a cabo. Os nomes das rúas son parte tamén do noso patrimonio”.



















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



