Existen certos intereses comúns entre Galicia e as seis CC.AA. presentes no cumio autonómico compostelán do martes 23-N, nomeadamente que o sistema de financiamento autonómico avalíe a xeito o espallamento e máis o avellentamento da súa poboación . Mais, á vista dos dados que ven de publicar a Fundación de Estudos de Economía Aplicada (FEDEA) o financiamento público por habitante na Galicia (2.846 €/ano) é inferior ao de todos os territorios representados este día en Compostela, polo que partillar estratexia non semella bo camiño.
O noso País conta cun eixo atlántico de potente desenvolvemento humano e económico con vocación de se conectar co eixo Leixoes/Porto-Lisboa-Sétubal. Este eixo, canda o corredor atlántico de mercadorías e a conexión deste cos portos galegos estiveron á marxe do cumio autonómico compostelán, malia ser infraestruturas con impacto en todo o NO. peninsular.
O economista Xosé Díaz calculou na liquidación do exercicio do 2019 un déficit fiscal de máis de 4.562 M€, pois que recadamos 13.222 M€ e só nos devolveron 8.650 M€. Se tivésemos un sistema de cota ou cupo como o vasco ou navarro, onde recadásemos os tributos todos e lle pagáramos ao Estado a porcentaxe que nos cumprise por poboación para compensar os servizos estatais (sobre un 5,4%), recuperaríamos máis de 3.200 M€ deses 4562 M€.
Mais o problema do desenvolvemento galego non é só de fiscalidade, senón tamén de externalidades económicas. Producimos electricidade abonda para cobrirmos as nosas necesidads e exportar un 35% ao resto do Estado. Apandamos co custo ambiental e paisaxístico e mesmo de substitución económica e iso non se reflicte no prezo da enerxía. Pagamos igual ou máis que no Madrid consumidor e non produtor.
Canto ás obras públicas estatais, como o AVE, producen claras externalidades a prol de Madrid comos sede das grandes empresas construtoras e das principais enxeñarías, como ben de explicar o economista Turnes Abelenda (“Descentralización fiscal e desenvolvemento”, 2021) mentres ao tempo substitúen outros investimentos estatais con máis incidencia na vertebración das actividades económicas galegas non turísticas, como o eixo atlántico, as redes ferroviarias de proximidade ou a conexión ferroviaria cos portos galegos.
Nin Galicia é, no seu conxunto, parte da España baleirada, nin gaña con políticas de subsidiamento que anestesien o seu desenvolvemento. Galicia precisa do seu autogoberno para acadarmos benestar e, xa que logo, de recadar os seus tributos e poder decidir sobre as súas prioridades de desenvolvemento económico. Con pouco máis do 5% do PIB e poboación estatais e con alicerces ecónómicos que para o Estado son prescindíbeis, Galicia precisa da bilateralidade na súa relación co Estado.

























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



