Cervo, a 30 de novembro de 2021: A CIG valora a unidade e a capacidade de loita manifestada polo comité e pola asemblea de traballadores/as de San Cibrao co rexeitamento á proposta trasladada no día de onte por Alcoa. Aceptar a oferta da empresa implicaría asumir a parada das cubas de electrólise contra da que o persoal leva pelexando dende hai máis de ano e medio e deixar no aire a continuidade dos empregos dos compañeiros e compañeiras da industria auxiliar.
Estas son as dúas liñas vermellas, subliñou Xosé Paleo, voceiro da CIG no comité de San Cibrao, que non se poden asumir. Na súa intervención durante a asemblea atribuíu este “cambio de paso” da multinacional tanto á ratificación da sentenza que anula o ERE como á folga e ás continuas mobilizacións na comarca. “Esas foron as dúas patas que nos trouxeron ao punto no que estamos”, afirmou Paleo, instando a manter a folga indefinida para forzar a unha solución real.
Sobre a parada das cubas contemplada na proposta de Alcoa, indicou que “non nos fiamos da vontade da empresa á hora de rearrancalas e consideramos que a mellor garantía de rearranque segue sendo que non paren”. Unha valoración amparada nas actuacións da multinacional, que agora anuncia que quere quedar, pero que durante todo este tempo boicoteou calquera posibilidade de venda e defendeu como indispensábel o cese da actividade das cubas.
Pero na asemblea tamén se manifestou a solidariedade de clase, pois Alcoa non garantía o 100% do emprego na fábrica ao non incluír ao persoal das compañías auxiliares. “Como CIG, non pensamos deixalos atrás, porque son tan traballadores/as de Alcoa como o somos nós. É máis, seguimos pensando que se debe contar con estes compañeiros e compañeiras tanto na negociación, como á hora de realizar consultas, referendos e tomar decisións”.
Ante o novo escenario aberto, a representación da CIG insiste na necesidade de “termos unha folla de ruta propia sobre a que negociar, pois a de Alcoa está claro que non nos vale”. E neste sentido, Paleo apelou á responsabilidade do goberno español e da Xunta e instou a súa implicación xa que “son parte da solución, tanto dando garantías, como facilitando procesos, como poñendo fondos para os investimentos necesarios”.























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



