Viveiro, 3 de decembro de 2021. O goberno municipal presidido pola alcaldesa María Loureiro (PSOE) ten sobradamente demostrada a súa incapacidade para xestionar os grandes asuntos de Viveiro. Se en algunha materia tal incapacidade se puxo de manifesto dende que chegou á alcaldía, é o urbanismo. Despois de 20 anos de iniciados os trámites para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o municipio sigue sen PXOM e, polo tanto, co seu urbanismo bloqueado, coas graves consecuencias económicas que ese bloqueo ten para Viveiro. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, tras a reunión mantida con membros da directiva do PP local, do que é presidente, anuncia que este partido intensificará a presión para conseguir que Viveiro teña canto antes planeamento urbanístico e saia da situación de parálise na que se atopa.
Rodríguez di: “É verdadeiramente inaudito. Os trámites para redactar o PXOM comezaron en 2001. E así seguimos, sen plan urbanístico. María Loureiro colleu o bastón de mando, pero con respecto ao PXOM non fixo nada práctico para sacalo para adiante”.
O portavoz popular tamén sinala: “É tan disparatado todo o que ten que ver coa xestión do novo PXOM, que o que antes non lles valía, agora válelles, pero todo sigue parado. Antes non lles valía ningunha das opcións para a circunvalación, a vía de alta capacidade, e agora si. Tiveron que pasar anos e anos para chegar a onde estabamos, para non mover nada”.
Os populares tamén destacan que da subvención de 300.000 euros con cargo á que se debía redactar o PXOM, xa se gastaron arredor de 200.000 e aínda queda, no mellor dos casos, moita tramitación por diante”. Rodríguez di: “Esta parálise ten que acabarse, non podemos permitir que pase outro ano máis sen que a tramitación do planeamento urbanístico avance cara a súa aprobación; Viveiro non ten por que soportar máis tempo as consecuencias da falta de xestión do goberno municipal, en xeral, e en concreto, da alcaldesa, María Loureiro”. Nesta liña, Rodríguez destaca que dende 2018, o Concello non fixo nin un só tramite con Augas de Galicia e coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.





















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



