Ribadeo, 3 de decembro de 2021. Acisa inaugurou na tarde de hoxe, venres, a súa árbore de Nadal, que está situada nas Catro Calles, concretamente na rúa Rodríguez Murias. Alí foi creado un espazo único, onde veciños e visitantes poderán fotografarse fronte ao nome de Ribadeo en tamaño XL iluminado para a ocasión.
O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, explicou que “a árbore de Acisa, que este ano estrea unha situación nova, na rúa Rodriguez Murias, nas coñecidas como Catro Calles, ten máis de 1.200 metros de luces led, 10 metros de altura e 5 de diámetro. Ademais está decorada no seus laterais cos logotipos dos establecementos asociados, para facer publicidade aos socios e socias de forma directa nun lugar que será de paso para moitas persoas, e no seu frontal leva o nome de Ribadeo en letras XL, de 8×1 metros. A nosa arbore foi acendida xunto co alumeado de todas as rúas de Ribadeo por parte do Concello, ao que lle queremos agradecer a súa colaboración nos traballos de instalación e nos permisos correspondentes”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, subliñou: “o que queremos é contribuír a crear e manter o espírito destas datas. Para animar as compras e o ambiente do Nadal nas rúas de Ribadeo soarán panxoliñas estes días. En total colocáronse mais de 30 altofalantes en diferentes localizacións, a través dos que soará a música de Nadal en horario de 12 a 14 horas polas mañás e de 18:30 a 22:00 horas polas tardes-noites, co fin de non molestar nas horas de descanso e para crear ambiente nas horas principais do día para a hostalería e o comercio locais”.
Colaboración con Cáritas
Acisa colabora un ano máis coa agrupación de Cáritas Ribadeo nunha recollida solidaria de alimentos para Nadal. 30 establecementos asociados participan nesta iniciativa que se prolongará ata o 15 de decembro.
O xerente de Acisa explicou que “se trata dunha iniciativa que poñemos en marcha en colaboración coa agrupación de Cáritas de Ribadeo e consiste nunha recollida solidaria de alimentos. A campaña comezou o 2 de decembro e prolongarase ata o 15 deste mes”.
E Francisco Iriarte dixo que “tras éxito da recollida de alimentos do ano pasado, e atendendo á petición de Cáritas de Ribadeo, desde Acisa consideramos que debíamos repetir esta iniciativa solidaria, que se basea en que todo aquel veciño ou veciña de Ribadeo que o desexe pode levar aos máis de trinta puntos de recollida, unha pequena colaboración en forma de alimentos para que posteriormente Cáritas os reparta entre as persoas que o precisen”.
Jesús Pérez Prada sinalou que “segundo nos din desde Cáritas, o que máis se necesita son alimentos básicos non perecedoiros como pasta, arroz, legumes, cacao, leite cun marxe longo de caducidade, potitos, galletas, cereais ou aceite”.
Francisco Iriarte manifestou que “non nos costa nada colaborar e así axudar a moitas persoas. Chega o Nadal e todos podemos poñer o noso grao de area. Agora que comezaremos a mercar para Nadal lembremos a quen máis o necesita e axudémoslle con algo tan básico como son os alimentos”.
Os establecementos nos que se poden depositar alimentos son: Gasóleos Abelleira, Mercería Torviso, Panadería Torviso, El Rincón del Gordo, Kids & Us, Bar Queimada, Faro Norte Comunicación, Opticalia, Centro auditivo Global, Goia´s, Ribamueble, For Friends, R23, Farmacia Álvarez Lebredo, Linares, Anais, Galipizza, Xeito, Sargadelos, La Moda Joven, La Lira, Farmacia Mª Euguenia Hermida, Plateria Gutié; Optica Carreira, Julia moda infantil, Fauna, Saia, O Alén, Farmacia Do Campo y Hotel Restaurante Javier Montero.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



