BURELA (FNC) .- Burela estará presente un ano máis na Feira Internacional de Mostras do Noroeste (FIMO) que se celebrará en Ferrol do 6 ao 11 de xullo. O concelleiro de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, asegura que “estaremos un ano máis na feira máis antiga de Galicia, unha clásica xa e interesante referencia, considerada como a máis importante do noroeste español, que concentra diversidade de sectores, primordialmente vencellados ao turismo que gaña cada vez un maior protagonismo”.
O edil nacionalista apunta que “a feira de Ferrol ocupa unha superficie superior aos 25.000 metros cuadrados, e tivo máis de 35.000 visitantes na pasada edición resultando sin duda este certame un escaparate ideal para a promoción como destino turístico de calidade no que se está a posicionar o Concello de Burela”.
Burela estará presente durante toda a edición deste importante certame, que chega á súa 48 edición “divulgando todos os nosos recursos turísticos con stand propio do noso Concello, para trasladar ao visitante á nosa vinculación mariñeira e á nosa diversidade cultural e histórica e tamén ás nosas potencialidades gastronómicas”, segue a relatar José González Legazpi.
O concelleiro de Turismo engade que “en Fimo será presentada a vindeira feira do bonito deste 2010 que cumpre neste ano a súa vixésimo sexta edición, e alí terá lugar asimesmo unha degustación de bonito no espazo central do recinto feiral. Un acontecemento de relevancia de cara á potenciación dos nosos recursos e ao recoñecemento dunha feira emblemática para Burela, como é a do bonito declarada de interés turístico, moi importante para o desenvolvemento gastronómico e turístico do noso Concello”.
Distintivos azuis e medioambientais nas praias
O izado das bandeiras azuis que tivo lugar o domingo nas praias de Burela. Burela recibiu cinco bandeiras azuis, das que catro foron izadas onte: a de Gaia está xa na praza do Concello, e tamén locen as de O Portelo, A Marosa e Ril. A que lle foi concedida ao barco museo Reina del Carmen será izada dentro duns días. Tamén ondean xa en Burela as bandeiras AENOR Xestión Ambiental UNE-EN ISO 14001 que recibiron os areais de O Portelo, Ril e A Marosa.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



