A MARIÑA .- Representantes da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña valoraron o resultado da mobilizacións social do 26 de xullo e agradeceron o apoio masivo da cidadanía mariñá á manifestación, na que demostraron preocupación polos recortes nos servizos sanitarios, que non aceptan a centralización en Lugo e esixen unha Área de Xestión Integrada Única para A Mariña. A Plataforma acordou solicitar unha entrevista coa Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas para trasladar formalmente as súas demandas.
Nota de Prensa
A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña pedirá unha entrevista coa Conselleira de Sanidade Pilar Farjas
A Plataforma agradeceu o apoio masivo da cidadanía mariñá á mobilización do día 26
O éxito da mobilización demostrou que a cidadanía mariñá no acepta recortes no sistema sanitario público
A Mariña, 6 de xullo de 2010. Representantes da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña reuníronse na tarde de onte para valorar o resultado da mobilizacións social do pasado 26 de xullo. A Plataforma agradeceu o apoio masivo da cidadanía mariñá á manifestación do sábado 26 de xuño na que milleiros de veciños e veciñas da comarca demostraron a súa preocupación polos recortes nos servizos sanitarios públicos na comarca e que non aceptan a centralización en Lugo e esixen unha Área de Xestión Integrada Única para A Mariña. A Plataforma acordou solicitar unha entrevista coa Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas para trasladar formalmente as súas demandas.
A Plataforma solicitará unha reunión coa Conselleira de Sanidade Pilar Farjas
A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña acordou onte solicitar unha entrevista coa Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, a fin de trasladarlle persoalmente as demandas expostas no manifesto lido o sábado 26 de xuño ao remate da manifestación de Burela. Os e as representantes da plataforma asumiron con responsabilidade o apoio masivo da cidadanía mariñá que avalou co seu apoio unhas demandas das que a Xunta de Galiza debe tomar boa nota. A Plataforma insistiu en que a Mariña deber ter un Área de Xestión Integrada Propia, e reivindicaron a ampliación real do Hospital da Costa en número de camas, implantación da Unidade de Oncoloxía, ampliación de Hemodiálise, pleno funcionamento da Consulta Maior Ambulatoria, unha Resonancia Magnética fixa, a hospitalización a domicilio, a posta en funcionamento dos servizos de tarde, os aumentos do cadro de persoal e por suposto o reforzo e mantemento de tódolos servizos e unidades existentes tanto de Atención Primaria como de Especializada.
A Plataforma agradeceu o apoio masivo da cidadanía mariñá á mobilización do sábado 26 de xuño
Os e as representantes da Plataforma reunidos na tarde de onte agradeceron o apoio masivo da cidadanía mariñá á manifestación de Burela, demostrando así a súa preocupación polos recortes nos servizos sanitarios públicos na Mariña tanto en atención primaria como especializada. Neste sentido, recalcaron que as manobras para reducir a asistencia á manifestación de Burela dos representantes de algún partido político non tiveron credibilidade e puideron causar un efecto contrario ao pretendido.
A constitución da Plataforma e o apoio da cidadanía ás súas demandas xa tivo resultados positivos na comarca.
Os representantes da Plataforma mostraron a súa satisfacción polo traballo realizado nos últimos meses que xa tivo resultados positivos na comarca, unha vez mais demostrouse que a presión social e importante, neste contexto enmarcaron o inicio de obras un día antes da manifestación ou a posta en marcha da ambulancia medicalizada. Aínda así recalcaron que as principais demandas da Plataforma seguen sen ser atendidas polo que continuarán o seu traballo ate onde sexa preciso a fin de que estas sexan atendidas.





















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



